Crónica do 2º control de 5000 m.

Carlos Balsa, Andrea Tomé e Irene Mirás participaron o pasado sábado no 2º control sobre 5000 metros no encoro de Verducido (Pontevedra).

A proba, organizada pola Federación Galega de Piragüismo, tiña como finalidade coñecer o estado de forma dos palistas galegos de cara as importantes citas que se aveciñan no próximo mes: os campionatos de inverno (galego e nacional). A pista de Verducido en Pontevedra acolleu este test nun día desapacible para a práctica do piragüismo. O percorrido consistiu nunha volta de 2000 metros e 2 voltas de 1000 metros cada unha, para facer o total de 5000 metros.

En canto aos resultados, os nosos palistas estiveron onde se esperaban. Carlos (home cadete k-1) foi o primeiro e dar parte do 5000 e acadou o posto 47, cun tempo de 29′ 26”, a case sete minutos do primeiro clasificado e a pouco máis de cinco minutos da terceira posición. Cabe destacar a boa actuación de Carlos tendo en conta o adestramento que leva ata o momento.

A continuación participaron as damas cadetes k-1, onde tomaban a saída as nosas palistas Andrea e Irene. Tras o percorrido dos 5000 metros, Andrea rematou na 13ª posición, cun tempo final de 29′ 34”, a catro minutos da primeira clasificada e a tres minutos e medio do terceiro posto. En canto a Irene, os problemas de saúde que arrastraba impedíronlle rematar a proba.

Dende aquí agradecer o esforzo destes tres palistas e animalos de cara as próximas citas. A seguir adestrando como o están a facer ata o de agora.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s