Calendario oficial galego 2013

A Federación Galega de Piragüismo acaba de publicar o calendario oficial galego para a temporada 2013.

A FGP publicou o pasado mércores o calendario definitivo para a temporada 2013 que se disputará en augas galegas. Como era de esperar, o calendario sofre modificacións importantes respecto ao borrador que manexaban os clubs na súa planificación.

A temporada oficial comezaba o pasado sábado 9 de febreiro coa disputa da primeira regata de infantiles no encoro de Verducido (Pontevedra). A mesma terá o seu punto final no mes de setembro, coa disputa o día 14 do tradicional Descenso do Sil, no Barco de Valdeorras (Ourense).

Por modalidades, a Copa Galega de Promoción rematará o 17 de agosto coa disputa do Campionato Galego de Infantiles sobre 3000 metros en embarcacións individuales, que se disputará no localidade coruñesa de Boiro. Entre medias, o Campionato Galego sobre 1000 metros en embarcacións de equipo o 6 de xullo e a Copa de España de Jóvenes Promesas (cadetes e infantiles), que se disputará o 27 e 28 de xullo. Ambas probas terán lugar no encoro de Verducido (Pontevedra).

Por outra banda, a Liga Galega de Alevíns e Benxamíns comezará o 18 de maio coa disputa da primeira proba en Verducido (Pontevedra) e finalizará o 7 de setembro, coa disputa da 6ª regata na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa. O Campionato Galego en embarcacións individuais terá lugar o día 7 de xullo en Narón (A Coruña) e, como novidade neste ano, terá lugar un Campionato Galego en embarcacións de equipo (K-2) que se celebrará o 3 de agosto en Catoira (Pontevedra).

A Copa Galega de Ríos e Travesías dará comezo o día 30 de baril, coa disputa do Campionato Galego de Maratón (As Pontes, A Coruña) e concluirá tras 12 regatas o día 14 de setembro co Descendo do Sil (O Barco de Valdeorras).

Por último, a Copa Galega de Pista disputarase entre o 23 de febreiro co Campionato Galego de Inverno sobre 5000 metros en Verducido (Pontevedra) e rematará na fin de semana do 19 ao 21 de xullo coa disputa do Campionato de España Senior e Junior. Como novidade este ano, o Campionato Galego de Inverno sobre 5000 metros en embarcacións de equipo (K-2 e C-2), que se celebrará o 23 de marzo.

A continuación podedes consultar o calendario completo premendo aquí.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s