Previa Campionato Galego de Inverno

O vindeiro sábado 23 de febreiro, o Ribeiras do Tambre asistirá, no encoro de Verducido (Pontevedra), ao Campionato Galego de Inverno sobre 5.000 metros.

O Ribeiras do Tambre asistirá este sábado ao Campionato Galego de Inverno que se celebrará no encoro pontevedrés de Pontillón do Castro (Verducido). Tras a renuncia a asistir á primeira proba da Liga Galega de Promoción que se disputou o pasado 9 de febreiro, ésta será a primeira proba oficial na que participará o noso club. Tras as diferentes probas e controis amigables que se celebraron ao longo da pretemporada, chega o momento da competición.

Nesta primeira proba da Copa Galega de Pista participarán Carlos Balsa (home cadete k-1), Irene Mirás (dama cadete k-1), Andrea Tomé (dama cadete k-1) e Elisa Ricoy (dama juvenil k-1) . As diferentes probas terán lugar dende as 9:30 h. coa disputa da proba dama cadete k-1, ata as 13:45 h. coa disputa da proba raíña, a categoría home senior k-1.

Como novidade na presente temporada, o club tamén participará no Campionato Galego de Inverno de Veteranos. Así pois, Alfonso Martínez participará na categoría de home veterano 40-44 k-1, proba que se disputará a partir das 10:15 h.

Dende aquí desexarlle toda a sorte do mundo aos nosos palistas, que de seguro darán o mellor de si mesmos e voltarán a Ames con magníficos resultados.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s