Crónica do Campionato Galego de Inverno

O Ribeiras do Tambre volta de Pontevedra co 19º posto e co bronce de Irene Mirás (dama cadete k-1) no Campionato Galego de Inverno sobre 5.000 metros.

O Campionato Galego de Inverno celebrouse este sábado no encoro de Pontillón do Castro, na localidade pontevedresa de Verducido. A xornada estivo marcada polo intenso frío polar e por un vento que levantaba unhas ondas un tanto incómodas para remar. As probas disputáronme entre as 9:30 h. da mañá ata as 14:oo h.

No que respecta ao noso club, as primeiras en saír á escea eran as damas cadetes k-1, coa participación de Irene Mirás e Andrea Tomé. Tras percorrer unha distancia de 5.000 metros, Irene acadou a terceira posición tras un disputado sprint coa cuarta clasificada, Carla Sieiro (Naval de Pontevedra), cun tempo de 26′ 28” a 51” da campeona galega, Raquel Dacosta (Piragüismo Pontecesures). Pola súa parte Andrea entraba en meta nun meritorio 16º posto, cun tempo de 29′ 22”, a 3′ 45” da primeira clasificada e a 2′ 54” do terceiro posto.

MeXTMAQNq6gI5MA9AA

Ás 10:15 comezaba a proba do home veterano k-1, onde participaba o noso palista Alfonso Martínez. Tras anos de inactividade, a súa 15ª posición na categoría veterano 40-44, é máis que meritoria, cun tempo final de 30′ 13” a 7′ 30” do primeiro clasificado, Miguel Ángel Carrera (Fluvial O Barco).

Tras os veteranos, era o turno da última proba na que participaba o Ribeiras do Tambre, o home cadete k-1, coa participación de Carlos Balsa. Tras unha primeira saída falsa, na que os deportistas se adiantaron ao sinal dos árbitros, a regata  concluíu coa 66ª posición de Carlos, cun tempo de 29′ 27”, a 6′ 6” do gañador da proba, Borja Bejo (Náutico O Muíño de Ribadumia) e a 5′ 53” do terceiro clasificado.

CIMG0952p

A proba raíña do campionato, home senior k-1 (sen participación do club), estivo dominada polo Kayak Tudense, logrando os 7 primeiros postos. Diego Piña foi o gañador da proba, metres que o dobre campión do mundo de maratón, Ivan Alonso, rematou na cuarta praza. Na categoría dama senior k-1, a gañadora foi Tania Fernández (Fluvial de Lugo). A  ex-palista do Ribeiras do Tambre, Ana Varela (Kayak Tudense) acadou o bronce. Finalmente, na proba do home senior c-1, Diego Romero (Breogán de O Grove) proclamouse campión galego.

Por clubs, o Ribeiras do Tambre acadou a 19ª posición cun total de 263 puntos, os mesmos que o 18º clasificado (Náutico O Muíño de Ribadumia), dun total de 35 clubs de toda a comunidade galega. O Kayak Tudense proclamouse como campión galego de inverno por clubs.

Noraboa a todos os palistas do Ribeiras do Tambre que participaron, coma sempre, dándo o mellor, neste Campionato Galego de Inverno.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s