Publicado o calendario oficial nacional

Finalmente, Sevilla será a sede do Campionato de España de Inverno e Galicia será a comunidade onde máis probas terán lugar, con un total de 5.

MeXTMAQNq6gI5MA9AA

A Federación Española de Piragüismo acaba de publicar de xeito oficial o calendario e as sedes das probas de carácter nacional que terán lugar ao longo desta temporada 2013. A pouco máis de dúas semanas da celebración da primeira proba (Campionato de España de Inverno), os clubs nacionais descoñecían as sedes das regatas da presente temporada.

Así pois, o calendario queda da seguinte maneira. A XII Liga de Pista “Hernando Calleja” contará coas seguintes probas: Campionato de España de Inverno, a celebrar o 16 e 17 de marzo en Sevilla; Copa de España 1.000 metros, que se disputará en Verducido (Pontevedra) os días 13 e 14 de abril; Copa de España 500 e 200 metros, no encoro de Trasona (Asturias) os días 11 e 12 de maio; e o Campionato de España de Pista, que se celebrará en Verducido (Pontevedra) os días 19, 20 e 21 de xullo.

En canto á XII Liga de Jóvenes Promesas estará formada por 4 competicións: Campionato de España de Inverno “Jóvenes Promesas” Cadete, a celebrar o 16 e 17 de marzo en Sevilla; Copa de España “Jóvenes Promesas” Cadete, que se disputará en Trasona (Asturias) os días 25 e 26 de maio; Copa de España “Jóvenes Promesas” Infantil, en Zamora os días 29 e 30 de xuño; e o Campionato de España “Jóvenes Promesas” Cadete e Infantil sobre 1.000 metros, que se celebrará en Verducido (Pontevedra) os días 27 e 28 de xullo.

Ademáis, disputaráse unha proba de Ríos e Travesías en Aranjuez (Madrid) o día 15 de xuño e dúas probas de Maratón: Copa de España, a celebrar en As Pontes (A Coruña) os días 27 e 28 de abril; e o Campionato de España de Maratón, os días 17 e 18 de agosto na localidade de Banyoles (Girona).

Podes consultar o calendario completo premendo aquí.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s