Previa da 2ª Regata da XVIII Copa Galega de Promoción

Este próximo sábado dispútase a 2ª regata da Copa Galega de Promoción en Pontevedra. Será a primeira proba desta copa na que participe o Ribeiras do Tambre.

MealFgPGyxqpRBbWAA

Tras a ausencia na primeira proba da Copa Galega de Promoción, o club desprazarase ata Pontevedra para participar na 2ª regata de infantiles. Nesta competición participarán de xeito amigable os alevíns A, o que servirá de preparación para a Liga Galega de Alevíns e Benxamíns que se disputará a partir do mes de maio. No caso dos alevíns, percorrerán un total de 1.500 metros, mentres que os infantiles competirán sobre 3.000 metros.

Así pois, o horario previsto será o seguinte:

11:00 h. Home Alevín A k-1.
11:30 h. Dama Alevín A k-1.
12:00 h. Dama Infantil B k-1 e Home Infantil B c-1
12:30 h. Home Infantil B k-1.
13:00 h. Dama Infantil A k-1 e Home Infantil A c-1
13:30 h. Home Infantil A k-1.

A proba, que terá lugar no río Lérez (nas inmediacións do CGTD), contará coa participación de 11 palistas do club. Os primeiros en saír a escena serán os Homes Alevíns A: Álvaro Fernández, Rubén Tome, Ángel González, Gonzalo Diz, Juan Alfredo Martínez e Gabriel Martínez. Posteriormente, será o turno de Lorena Viaño, que participará na proba Dama Alevín A.

Ás 12:30 será o turno dos homes kayakistas infantiles B, onde Xose Lois e Manuel Antonio Cebey percorrerán os 3000 metros. Finalmente, o club pechará a súa participación nesta 2ª regata con Martín del Río e Pedro Cantelar na proba Home Infantil A k-1.

Dende aquí desexarlle a mellor sorte a estes 11 campións e que disfruten do día de piragüismo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s