Previa do Campionato de España de “Jóvenes Promesas”

A expedición do Ribeiras do Tambre xa se atopa en Sevilla para participar este sábado no Campionato de España de Inverno de “Jóvenes Promesas”.

rio_guadalquivir_cruzando_sevilla

O Ribeiras do Tambre xa está en Sevilla. Tras unha viaxe de máis de 12 horas en autobús que transcorreu durante a madrugada do xoves ao venres, Andrea Tomé e Irene Mirás chegan á capital do Guadalquivir para disputar este sábado o Campionato de España de Inverno de “Jóvenes Promesas”.

As nosas padexeiras saíran a escena ás 8:30 de mañá, para participar na proba clasificatoria contrareloxo Dama Cadete A k-1 sobre 2.000 metros. Na proba, as 38 participantes saíran en tandas de 5 e, unha vez obtidos os tempos de todas, aquelas deportistas que cheguen á meta antes do tempo de peche de control (2 minutos a partir do terceiro mellor tempo), clasificaranse para a proba final dos 5.000 metros. O resto quedarán eliminadas e pecharán a súa participación neste Campionato de España. Polo que respecta as nosas padexeiras, a primeira en remar será Andrea Tomé, que tomará a saída na segunda tanta. Irene Mirás terá o seu turno na oitava e última tanda.

A proba final, sobre 5.000 metros, terá lugar o sábado pola tarde (16:30 h.) e todas as deportistas clasificadas na proba matutina participarán na regata todas xuntas e a clasificación final do campionato será o resultado desta. O peche de control dos 5.000 metros é de 5 minutos a partir do tempo da terceira clasificada.

Dende aquí desexámoslle a mellor das sortes a Andrea e a Irene, que de seguro o farán o mellor posible. Este Campionato de España de Inverno é o premio a todo o traballo que realizan, non só neste duro inverno, senón dende que subiron por primeira vez nunha piragua.

Ánimo e moita sorte.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s