Crónica do Cto. de España de Inverno de “Jóvenes Promesas”

Catro segundos foron o que separou a Irene Mirás de lograr o terceiro posto no Campionato de España en Sevilla. Andrea Tomé finaliza nunha meritoria 29ª posición.

IMG-20130317-WA0000

Moi bos resultados son os que trae o noso club de Sevilla, tras a disputa este sábado do Campionato de España de Inverno de “Jóvenes Promesas”. A padexeira Irene Mirás a piques estivo de lograr a medalla de bronce, pero finalmente rematou na sexta posición e Andrea Tomé acadou a 29ª posición.

Na proba clasificatoria da mañá (sobre 2.000 metros), as nosas padexeiras non tiveron problemas para meterse na gran final de 5.000 metros.  Así pois, e despois do horario tan temperán, tras o percorrido de 2.000 metros contrarreloxo, Irene logrou o oitavo mellor tempo (10′ 14”) a 37” do primeiro mellor tempo, o da padexeira de Pontecesures Camila Aldana Morison. Pola súa parte, Andrea Tomé logrou o 32º mellor tempo (11′ 23”) a 1′ 46” da cesureña.

Xa en horario vespertino, na proba final sobre 5.000 metros, Irene estivo loitando por unha presea ata os instantes finais pero non foi capaz de disputarlle a proba as galegas Camila Aldana Morison e Raquel Dacosta (ambas do club Piragüismo Pontecesures) e logrou chegar a meta nunha meritoria sexta praza, cun tempo final de 24′ 51”, a 30” da campiona de España, Raquel Dacosta e a tan só catro segundos da terceira clasificada, Irene Martín (Piragüismo Aranjuez). Pola súa parte, Andrea Tomé logrou a 29ª posición, cun tempo de 28′ 25”, a menos de 4′ da campiona Raquel Dacosta.

En canto á clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre acadou a posición 37ª, dun total de 82 equipos participantes de toda España, un resultado tremendamente positivo tendo en conta que só participaban dúas padexeiras.

Dende aquí, darlle a noraboa a estas dúas campionas. A vindeira cita será o próximo sábado, coa disputa do Campionato Galego de Inverno en embarcacións de equipo no encoro de Verducido (Pontevedra).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s