Andrea Tomé e Irene Mirás, terceiras no Cto. Galego de Inverno K-2/C-2

O Ribeiras do Tambre, logrou este sábado un bronce no Campionato Galego de Inverno en embarcacións de equipo con Andrea Tomé e Irene Mirás.

DSC_0195
Fotos de Isabel Piñeiro

Este sábado disputouse no encoro de Verducido (Pontevedra) o Campionato Galego de Inverno en embarcacións de equipo, segunda proba da Copa Galega de Pista. O Ribeiras do Tambre participou na categoría Dama Cadete k-2, coas padexeiras Andrea Tomé e Irene Mirás, que lograron o bronce.

A proba, disputada sobre os 5.000 metros, deu comezo ás 10:30 horas da mañá e tras máis de 20 minutos de competición, as nosas deportistas chegaron a meta nunha máis que meritoria terceira posición, cun tempo de 23′ 20”, tras a disputa dun emocionante sprint coas segundas clasificadas, Lara Dávila e Cintia Fernández (Club Mar Ría de Aldán), que lograron a segunda posición. Pola súa parte, Raquel Dacosta e Camila Aldana Morison (Piragüismo Pontecesures) proclamáronse campionas galegas dominando a proba de principio a fin, con case un minutos e medio de marxe sobre as compañeiras de podium.

En canto á clasificación por clubs, o Ribeiras do Tambre rematou na 19ª posición, dun total de 32 participantes de toda Galicia, un resultado extraordinario tendo en conta que só participabamos cunha única embarcación.

Este segundo metal logrado por Irene e Andrea súmase ao bronce logrado o mes pasado no Campionato Galego de Inverno en embarcacións individuais por Irene. A vindeira cita será o próximo sábado día 30, onde os infantiles e alevíns A participaran na 2ª proba da Liga Galega de Promoción.

Noraboa as dúas padexeiras polo resultado. O duro traballo ten a súa recompensa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s