Crónica 2ª Regata de Infantiles e 1ª de Alevíns A

Quinto posto para Ángel González en Alevín A Home e oitava posición para Martín Del Río en Infantil A Home k-1 na 2ª Regata de Infantiles e 1ª Alevíns A disputada o pasado sábado en Verducido (Pontevedra).

MealFgPGyxqpRBbWAA1

O Ribeiras do Tambre competiu o pasado sábado 30 de marzo na 2ª proba da Copa Galega de Promoción, aprazada no seu día polo mal tempo. Nesta proba participaban as categorías de Infantiles (A e B) e Alevíns A. Para estes últimos, a regata era de carácter non puntuable.

As diferentes probas arrancaban a partir das 16:oo horas, coa participación dos Alevíns A Homes. Tras o percorrido de 1.500 metros, os nosos padexeiros acadaron resultados moi bos. Así pois, Ángel González logrou unha quinta praza, a 37” do primeiro clasificado e a 22” da medalla de bronce. Gabriel Martínez rematou na 12ª posición, a 58” do gañador, mentres que Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez lograron os 22º e 23º respectivamente. Álvaro Fernández, que participaba por primeira vez nunha regata, fixo unha moi boa regata tendo en conta que debuta no mundo do piragüismo nesta temporada.

Lorena Viaño foi a segunda en competir, na proba Alevín A Dama 1.500 metros. Tras case dez minutos de proba, Lorena logrou o 12º posto, a 2′ 11” da primeira clasificada e a 1′ 26” da terceira posición.

Ás 17:00 h. deron comezo as probas de infantiles (sobre 3.000 metros). Os nosos padexeiros Manuel Antonio Cebey e Xosé Lois participaban na proba Infantil B Home k-1. Os nosos padexeiros acusaron o dobre esforzo respecto ao ano pasado e, na liña de meta, Manuel chegaba no posto 35ª, a 4′ 34” do primeiro clasificado e Xosé na 60ª posición, a 7′ 13” do primeiro clasificado e a 6′ 15” do terceiro.

Xa na derradeira proba, Infantil A Home k-1, participaba o último dos nosos padexeiros, Martín del Rio. Tras percorrer as dúas voltas, logrou chegar a meta na 8ª posición co mesmo tempo que o 9º clasificado, a 1′ 38” do gañador e a 1′ 04” da medalla de bronce.

En canto á clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre logrou unha discreta 25ª posición (cun total de 383 puntos), xa que só puntuaban os tres padexeiros infantiles que participaron na regata. A vindeira cita para os nosos Infantiles e Alevíns A será o 20 de abril en Pontesampaio (Pontevedra).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s