Crónica da 3ª Regata de Infantiles e 2ª de Alevíns A

O Ribeiras do Tambre regresa de Pontesampaio (Pontevedra) co bronce de Ángel González na 3ª Regata de Infantiles e 2ª de Alevíns A.

2013-04-20 13.38.27

O pasado sábado 20, celebrouse na localidade pontevedresa de Pontesampaio a 3ª Regata de Infantiles e 2ª de Alevíns A. Na regata participaron un total de 11 padexeiros do noso club, logrando un resultados moi bos. Un día espléndido acompañaba a todos os padexeiros galegos que se deron cita no río Verdugo.

A primeira regata comezaba as 11:00 h. coa participación de Lorena Viaño e Andrea Tuñas na categoría Alevín A Dama. Tras un percorrido de 1.500 metros, Lorena chegaba a meta na novena posición, a 1′ e 15” da primeira clasificada e a tan só 37” da medalla de bronce. Pola súa parte, Andrea, que participaba por primeira vez nunha regata, acadou unha meritoria 32ª posición dun total de 44 participantes, a 2′ 52” da cabeza.

Na segunda regata (Alevín A Home), participaban un total de 6 padexeiros do Ribeiras do Tambre. O primeiro en chegar á meta foi Ángel González logrando a terceira posición, a 17” do primeiro posto. Tras él, chegaba á meta Gabriel Martínez na quinta posición, a 32” do campión e a 15” da medalla de bronce. Juan Alfredo Martínez chegaba 46º, Rubén Tomé 48º e Álvaro Fernández 50º. Pola súa parte, Gonzalo Diz sufriría unha caída ao pouco de que os xuíces deran a saída, pero nunha demostración de espíritu deportivo, voltou a subir na súa piragua e rematar a proba no posto 57.

Depois da participación dos alevíns, era o turno da categoría infantil. Na proba Infantil B k-1 Home, era o turno de Manuel Antonio Cebey e Xosé Lois que debían percorrer 3.000 metros. Na liña de meta, Manuel chegaba no 38º posto, a 3′ 39” do primeiro clasificado e a 2′ 48” da terceira posición. Xosé Lois remataría no posto 57, dun total de 77 participantes, a 5′ 38” da cabeza e a 4′ 47” do peche de control.

Na última proba, correspondente á categoría Infantil A k-1 Home, participaba Martín del Río. Tras o sabor agridulce que lle deixou a 9ª posición lograda en Verducido o mes pasado, desta vez saliu decidido a mellorar ese posto. Tras o percorrido dos 3.000 metros, o padexeiro de Ames cruzaba a liña de meta nunha moi boa 6ª praza, a pouco máis dun minuto da campión e a só 43” dos postos de podium.

Finalmente, na clasificación por clubs, o Ribeiras do Tambre rematou 30º, xa que só puntuaba a categoría infantil na que o noso club conta con tan só 3 deportistas. Os bos resultados acadados nesta regata, veñen a demostrar o bo traballo que se está a realizar por partes dos nosos padexeiros durante os adestramentos. A vindeira cita será o día 18 de maio (Verducido) para os alevíns, coa celebración da primeira regata da Liga Galega de Alevíns e Benxamíns. No caso dos infantiles, a próxima regata será no mes de xuño coa disputa en Lugo da 4ª Regata da Liga Galega de Promoción.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s