Crónica da 1ª Regata de Alevíns e Benxamíns

O Ribeiras do Tambre logrou a quinta posición na clasificación final na 1ª Regata da Liga Galega de Alevíns e Benxamíns disputada na cidade de Pontevedra.

image (2)

O Ribeiras do Tambre volta de Pontevedra sendo, actualmente, o quinto mellor club de Galicia nas categorías Alevíns e Benxamíns. Así o demostrou na 1ª Regata da Liga Galega de Alevíns e Benxamíns o pasado sábado no Río Lérez (Pontevedra). En canto aos resultados individuais, dous padexeiro de Ames entre os 6 primeiros e máis da metade entre os 20 primeiros.

Nun día de frío pero que a choiva respetou aos deportistas, as regatas comezaron ás 11:00 h., coa disputa da categoría Muller Benxamín. Nela participaba Laura Ardións, que tras percorrer os 1500 metros, rematou nunha máis que meritoria 12ª posición, a menos de 2 minutos dos postos de podium.

Tras as mulleres era o turno dos Homes Benxamíns, onde Luís Guilbert era o representante amiense. Tras unha disputadísima regata na loita polos postos de medalla, Luís chegou coas forzas xustas e rematou nunha excelente quinta posición, a tan só 6 segundos da medalla de bronce.

As 11:50 h. era o turno da categoría Alevín B. As primeiras en participaran foron as Mulleres. Era o turno de Sara Tomé. Tras sacudirse os nervios iniciais e tras percorres os 1500 metros cun ritmo de menos a máis rematou no 17º posto, a pouco máis de 2 minutos e medio da cabeza.

Na categoría masculina, a representación do Ribeiras do Tambre era dobre: Roi Montero e Ismael Docampo. Nunha das probas con máis participación, Ismael logrou a 34ª posición, a menos de 3 minutos do campión. Pola súa parte, e tras algún que outro problema inicial, Roi rematou 49º.

As dúas últimas probas disputadas correspondían coas categorías Alevín A. Na categoría femenina, Lorena Viaño e Andrea Tuñas eran as representantes do noso club. Nunha proba na que as tres primeiras clasificadas impoñían un ritmo estratosférico, Lorena chegaba a meta a un minuto da cuarta clasificada, logrando unha moi boa 11ª posición. Pola súa parte, Andrea cruzaba a liña de meta no posto 31 na súa segunda regata en menos de dous meses dende que se iniciou no piragüismo.

A última proba, Home Alevín A, contaba coa maior participación de deportistas galegos. O Ribeiras do Tambre presentaba na liña de saída a seis padexeiros: Álvaro Fernández, Ángel González, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz, Juan Alfredo Martínez e Rubén Tomé. Tras o percorrido dunha volta por augas do Río Lérez, Ángel era o primeiro en cruzar a liña de meta do noso club, nunha moi boa 6ª posición, a 24 segundos dos postos de podium. Tras él chegaban o resto de representantes amienses. Gabriel faríao no posto 13º, a menos dun minuto do terceiro clasificado. Gonzalo, cun ritmo de menos a máis rematou 19º a pouco máis de 2 minutos do gañador. Tras unha boa remontada despois dunha mala saída, Juan cruzaba a liña de meta no posto 32º. Pola súa parte Rubén e Álvaro, que continúan cos seu proceso de aprendizaxe, chegaron nos postos 50º e 53º respectivamente, a menos de 5 minutos do campión.

Por clubs, o Ribeiras do Tambre logrou unha magnífica 5ª posición dun total de 28 clubs de toda Galicia, tan só por detras do Cidade de Pontevedra (campión) e de os poderosos As Torres de Catoira, Club Mar Ría de Aldán e Kayak Tudense.

A vindeira cita para os máis pequenos será o próximo domingo 26 de maio, coa disputa da primeira regata da Copa Deputación da Coruña na localidade de As Pontes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s