Fin de semana intenso en Trasona e As Pontes

O Ribeiras do Tambre participará o sábado na Copa de España de Jóvenes Promesas en Trasona (Asturias) e o domingo na I Regata da Copa Deputación da Coruña na localidade de As Pontes.

MeXTMAQNq6gI5MA9AA

Fin de semana intenso de actividade o que se aproxima para o Ribeiras do Tambre. Por un lado, o club desprazarase na tarde do venres ata Avilés (Asturias) para participar o sábado na Copa de España de “Jóvenes Promesas”. Polo outro, o domingo participará na primeira regata da Copa Deputación da Coruña, no encoro da Ribeira en As Pontes.

Andrea Tomé e Irene Mirás serán as representantes amienses na Copa de España de Jóvenes Promesas, no encoro de Trasona. En horario matutino disputaranse as probas individuais, onde Irene loitará por lograr un bo resultado na categoría Muller Cadete A k-1 1000 metros. A nosa padexeira estará exenta da proba inicial a contrarreloxo, xa que parte como cabeza de serie número 8 e está clasificada directamente para as semifinais (10:45 h.).

Xa en horario vespertino será o turno das probas en embarcacións de equipo. O Ribeiras do Tambre estará representado por Andrea Tomé e Irene Mirás, participando na proba Muller Cadete k-2 1000 metros. Andrea e Irene tomarán parte na 3ª semifinal (16:55 h.), onde todo apunta a que se clasificarán para as rondas finais.

Polo que respecta á xornada de domingo, a noso club participará na nova Copa Deputación da Coruña. A proba, na que participan as categorías benxamín, alevín e infantil, terá lugar no encoro da Ribeiras, na localidade de As Pontes. Un total de 16 padexeiros amienses desprazaránse á esta localidade coruñesa para tomar parte das diferentes probas a partir das 11:oo h. O Ribeiras do Tambre, tras o bo resultado acadado a pasada fin de semana en Pontevedra, aspira a estar no podium nesta proba e confirmarse como un dos clubs de referencia da provincia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s