Un cuarto, un séptimo e no top 30 por clubs en Trasona

O Ribeiras do Tambre acada o posto 30 na Copa de España de Jóvenes Promesas grazas ao k-1 de Irene Mirás e ao k-2 de Andrea Tomé e Irene Mirás.

Trasona

Un segundo foi o que separou a Irene Mirás da medalla de bronce na Copa de España de Jóvenes Promesas, disputada o pasado sábado no encoro de Trasona (Asturias). Nunha proba dominada polas padexeiras do Piragüismo Pontecesures, Camila Aldana Morison e Raquel Da Costa, a loita pola terceira praza entre a nosa padexeira e Irene Martín (Piragüismo Aranjuez) caeu do lado da deportista madrileña. Aínda así, a cuarta posición de Irene é un resultado sublime e a amiense volta de Asturias moi contenta polo resultado pero con ese sabor agridoce que sempre persegue aos cuartos clasificados.

A proba Dama Cadete A k-1 comezaba coa serie contra á crono, pero a nosa padexeira estaba exenta grazas ao resultado logrado en Sevilla no Campionato de España de Inverno que a convertían na cabeza de serie número 8. Xa nas semifinais, Irene clasificouse comodamente para a Final A logo de rematar segunda, tan só por detrás da campiona Camila Aldana. Na final, cumpríronse os pronósticos e as padexeiras do Piragüismo Pontecesures disputábanse a primeira e segunda praza. Por detrás, Irene loitaba coa súa tocaya madrileña pola medalla de bronce. Finalmente non puido ser e a padexeira amiense remataba 4ª.

Tras o esforzo matutino da proba individual, era o turno das probas en embarcacións de equipo. Era o turno do k-2 de Irene e Andrea Tomé, na categoria Muller Cadete k-2. As nosas padexeiras non tiveron problemas na súa semifinal e clasificáronse para as Final A como terceiras da súa serie. Xa na Final, a proba estivo dominada de comezo a fin polas cesureñas Morison-Da Costa e as nosas deportistas remataron a proba nunha máis que meritoria 7ª praza.

Estes dous magníficos resultados déronlle ao Ribeiras do Tambre a posibilidade de rematar no top 30 na clasificación final por clubs, dun total de 63 equipos de toda España. O club de Ames rematou por riba de clubs poderosos como son As Torres de Catoira, Los Delfines de Ceuta, Verducido-Pontillóne e O Muíño de Ribadumia.

Noraboa as dúas campionas!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s