5 victorias e 7 podiums na 1ª Regata Liga Provincial da Coruña

Un total de 5 victorias e 7 podiums na 1ª Regata da Liga Provincial da Coruña, disputada o pasado domingo no encoro da Ribeiras, na localidade de As Pontes.

O Ribeiras do Tambre participou o pasado domingo na 1ª Regata da Liga Provincial da Coruña, disputada no encoro da Ribeira (As Pontes). Nunha mañá moi pouco apetecible para a práctica do piragüismo, con moito frío e vento, os nosos padexeiros lograron uns resultados moi positivos.

Na regata participaban máis de 100 deportistas de toda a provincia pertencentes as categorías Benxamíns, Alevíns e Infantiles. En total, disputáronse 12 probas e os noso padexeiros lograron a victoria en 5 delas: Laura Ardións (Muller Benxamín), Luís Guilbert (Home Benxamín), Lorena Viaño (Muller Alevín A), Ángel González (Home Alevín A) e Martín Del Río (Home Infantil A k-1). Ademáis, Sara Tomé logrou un segundo posto na categoría Muller Alevín B e Gabriel Martínez fixo o mesmo en Home Alevín A.

O Ribeiras do Tambre acudiu á cita con un total de 15 padexeiros que no seu conxunto lograron que o club alcanzara o terceiro posto na clasificación final por clubs. O Náutico Firrete proclamouse campión e o Ría de Betanzos logrou o segundo posto.

A vindeira cita da Liga Provincial será no mes de xullo en Cabanas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s