“Achégate ao piragüismo”, a xornada de portas abertas o día 15 de xuño

O Ribeiras do Tambre organiza, xunto co Concello de Ames e a coa colaboración da Deputación da Coruña, a xornada de portas abertas “Achégate ao piragüismo” o vindeiro sábado 15 de xuño.

Achegate ao piraguismo - copia

O vindeiro sábado 15 de xuño é o día escollido polo Ribeiras do Tambre para organizar a tradicional xornada de portas abertas “Achégate ao piragüismo”. Nesta xornada os participantes poderán iniciarse neste deporte tan fermoso polas ribeiras do río Tambre totalmente gratis. A xornada está destinada a calquera persoa, pero especialmente aos nenos e nenas de entre 7 e 14 anos.

Para poder participar na actividade non é necesaria unha inscripción previa, tan só presentarse polas instalacións do club na Praia Fluvial de Tapia (Ames) en horario de 11:00 a 14:00 h. Recoméndase unha indumentaria axeitada (traxe de baño, camiseta e chacletas) e será imprescindible saber nadar para andar nas piraguas.

Esta actividade serve como prólogo dos cursillos de iniciación que se levan a cabo na Praia Fluvial de Tapia nos meses de xullo e agosto. Nestes cursos participan cada ano máis de 25 nenos que unha vez superada a etapa de aprendizaxe pasan a formar parte do club.

Nos próximos días, publicaremos a convocatoria para participar neste cursillos de iniciación ao piragüismo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s