Aberto o prazo de inscripción para os cursos de iniciación ao piragüismo

Os cursos terán lugar na Praia Fluvial de Tapia os luns, mércores e venres dos meses de xullo e agosto. Están organizados polo club Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames e coa colaboración da Deputación da Coruña-

cartel cursillo

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo que organiza o Ribeiras do Tambre durante os meses de xullo e agosto. Os cursos están destinados a todos os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, tanto do Concello de Ames como procedentes doutros concellos. O número de prazas é de 50 e no caso de cubrir todas elas, designaranse as prazas finais por estricta orde de inscripción. O prezo do curso é de 30 €.

As inscripcións deben realizarse na oficina de Cultura e Deportes (Pazo da Peregrina) do Concello de Ames en Bertamiráns ou ben na Casa da Cultura do Milladoiro nos horarios de atención ao público. O prazo de inscripción remata cando se agoten o número de prazas (sen límite de data). A documentación a presentar nas oficinas será o impreso cuberto que se facilitará nos lugares de inscripción, fotocopia de DNI, foto tamaño carné e resgardo de pagamento.

O curso ten unha duración de dous meses (xullo e agosto) e impartirase os luns, mércores e venres en horario de 16:30 h. a 18:00 h. (este horario pode verse modificado en función do número de participantes). Os únicos requisitos para participar nestes cursos son: ter entre 8 e 14 anos e saber nadar. O cumprimento destes dous requisitos será imprescindible. Recoméndase unha equipación axeitada para participar nos cursos: bañador, camiseta e chanclas.

Cada ano participan máis de 20 nenos e nenas nos cursos de iniciación ao piragüismo nos meses de verán. Unha vez completado o curso, os nenos e nenas teñen a posibilidade de integrarse no club Ribeiras do Tambre e participar en diversas regatas por toda a xeografía galega.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s