Éxito na xornada de portas abertas “Achégate ao Piragüismo”

Máis de 50 persoas participaron na xornada de portas abertas “Achégate ao Piragüismo”, organizada polo Ribeiras do Tambre o pasado sábado 15 de xuño.

image (1)

O pasado sábado 15 de xuño, o Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames e a colaboración da Deputación da Coruña, organizaron a tradicional xornada de portas abertas “Achégate ao Piragüismo”. O escenario da actividade foi a sede do club, a Praia Fluvial de Tapia. Dende as 11:00 h. ata as 14:00 h. máis  de 50 nenos e adultos animáronse a participar nesta xornada de iniciación ao piragüismo. Outras tantas persoas acercáronse polas nosas instalacións para participar de xeito pasivo.

A actividade constou dunha pequena explicación teórica, sobre o manexo da pala e sobre a actuación a levar a cabo na auga, e unha parte prácticas sobre os kayaks acompañada de tres monitores. En pequenos grupos foron saíndo á remar os distintos participantes para disfrutar do piragüismo.

A xornada, de carácter anual, ten como obxectivo presentar o noso club ante o público xeral de cara aos cursos de iniciación que se celebran durante os meses de xullo e agosto na Praia Fluvial de Tapia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s