Martín del Río, oitavo no Campionato Galego Infantil

Martín del Río logrou a oitava praza no Campionato Galego de Infantís sobre 1000 metros, proba disputada o pasado sábado en Verducido (Pontevedra).

Foto: FGP

Foto: FGP

O pasado sábado, o Ribeiras do Tambre desplazouse ata o encoro de Verducido para a disputa do Campionato Galego de Infantís sobre 1000 metros. Coa única representación de Martín del Río, o obxectivo era clasificarse para a final A na proba Home Infantil A k-1.

As diferentes probas comezaron ás 9 da mañá, coa disputa das probas individuais en horario matutino e das probas en embarcacións de equipo en horario de tarde. O noso padexeiro Martín tivo que disputar a proba inicial do campionato, a contrarreloxo da categoría Home Infantil A k-1. Tras o percorrido sobre os 1000 metros, o palista amiense logrou o 15º mellor tempo e clasificábase así entre os 27 primeiros para a disputa das semifinais.

Xa nas semifinais, Martín participaba na 1ª semifinal onde os tres primeiros clasificados disputarían a final A (e a loita polos metais), do cuarto ao sexto clasificado competirían polos puntos na final B o do séptimo ao noveno clasificado quedarían eliminados. Tras menos de cinco minutos de proba, o noso padexeiro Martín lograba meterse na final A, logrando a terceira praza na súa semifinal. Tras este resultado, o obxectivo estaba cumprido, agora tocaba desfrutar da final.

Ás 13:20 arrancaba a final da categoría Home Infantil A k-1 cunha ampla representación do Club Cofradía de Pescadores de Portonovo (catro de nove padexeiros). Tras recorrer os 1000 metros, Martín acusaba o esforzo da semifinal e chegaba á meta en novena posición. Sen embargo, a descalificación dun dos palistas do Portonovo, por incumprimento do regramento, beneficiaba ao noso palista que ascendía á oitava posición.

O Campionato Galego seguiu a súa disputa xa sen participación do Ribeiras do Tambre. A vindeira cita para a categoría infantil será o 27 e 28 de xullo, coa disputa do Campionato de España de “Jóvenes Promesas” 1000 metros Cadetes e Infantiles, no encoro pontevedrés de Verducido.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s