Dous bronces, unha prata e un cuarto posto no Campionato Galego de Pista

Irene Mirás e Andrea Tomé lograron en total tres metais no Campionato Galego de Pista, disputado a pasada fin de semana no encoro pontevedrés de Verducido.

CGP

O Ribeiras do Tambre segue colleitando éxitos a nivel galego ano tras anos. A pasada fin de semana diaputábase no encoro de Verducido (Pontevedra) o Campionato Galego de Pista. O Ribeiras do Tambre acudiu á cita con tres deportistas na categoría cadete para participar en 6 probas. Tras dúas xornadas intensas o club voltou á Ames con tres metais.

Durante o sábado disputáronse as probas sobre 1000 e 500 metros. O primeiro en saír a escena foi Carlos Balsa, que tras disputar a contrarreloxo na proba Cadete Home k-1 1000 metros, non logrou meterse entre os 27 primeiros postos, que dan acceso ás semifinais. Carlos era o único representante do club nas probas matutinas sobre 1000 metros, probas reservadas para a categoría individual masculina.

Xa en horario vespertino, era o turno das probas sobre 500 metros, onde só participan as mulleres, e as de embarcacións de equipo (1000 e 500 metros). Na proba Cadete Muller k-1 500 m. participaba Irene Mirás. O nosa padexeira, clasificada directamente para as semifinais, logrou clasificarse para a final A logo de gañar con claridade a súa semifinal por diante de Carla Sieiro do Club Naval de Pontevedra. Nas outras dúas semifinais, as favoritas Raquel Da Costa e Camila Aldana Morison (Club Náutico Pontecesures) non fallaron e gañaron as súas respectivas series.

Non pasara unha hora dende as semifinais e a final A xa estaba en marcha coas grandes favoritas polas calles centrais. Tras o percorrido de 500 metros a nosa padexeira Irene non puido loitar polos metais e rematou nunha meritoria cuarta posición, por detrás de Raquel Da Costa, campiona galega; Camila Aldana Morison, subcampiona galega; e Cintia Fernández (Club Mar Ría de Aldán – Hermanos Gandón), terceira.

Tras as probas en embarcacións de equipo masculinas sobre 1000 metros, era o turno das femeninas sobre 500 metros. En Cadete Muller k-2 participaban as nosas padeiras Irene Mirás e Andrea Tomé, que se clasificaron para a final A sen problemas logo de finalizar segundas na súa semifinal, por detrás do k-2 formado por Cintia Fernández e Irene Dacosta (Club Mar Ría del Aldán – Hermanos Gandón). Na outra semifinal, Raquel Da Costa e Camila Aldana Morison impoñíanse con claridade ás demais padexeiras.

Xa na final, e coas nosas deportistas co obxectivo de loitar polas prazas de podio, as padexeiras do Club Náutico de Pontecesures impoxeron un ritmo inalcanzable para o resto quedando aberta a loita pola segunda e terceira praza. Finalmente, Irene e Andrea lograron rematar terceiras e colgarse o bronce por detras do k-2 de Cintia e Raquel, segundas, e das campionas galegas Raquel e Camila.

Na xornada de domingo (probas sobre os 200 metros) os resultados foron moi similares. En horario de mañá, Carlos Balsa, na categoría Cadete Home k-1 non puido clasificarse para as semifinais tras a disputa da proba contrarreloxo. Pola súa parte Irene Mirás, exenta na proba contrarreloxo, disputaría directamente a semifinal. Xa nas series que darían acceso as finais, Irene lograba impoñerse na súa semifinal con claridade e clasificarse así para a final. As outras dúas semifinais foron gañadas polas padexeiras cesureñas Raquel Da Costa e Camila Aldana Morison.

Na final, as favoritas aos postos de metais remaban polas calles centrais e tras pouco máis de 45 segundos de proba, a nosa deportista Irene lograba chegar á meta na terceira posición, logrando o seu segundo bronce do campionato. A campiona galega foi Raquel Da Costa e a subcampiona Camila Aldana Morison.

CGP 1

As probas en embarcacións dobres disputaronse o domingo pola tarde. O Ribeiras do Tambre participaba na regata Cadete Muller k-2 200 metros, coas padexeiras Irene Mirás e Andrea Tomé. As grandes favoritas coincidirían na mesma semifinal onde se clasificaban para a gran final as catro mellores de cada semifinal máis o quinto mellor tempo. Irene e Andrea remataron en terceira posición a súa semifinal por detrás dos k-2 do Club Náutico Pontecesures e do Club Mar Ría de Aldán.

Xa na final, as nosas padexeira Irene e Andrea, a pesar de que as nosas padexeiras remaban pola calle 2, confiaban nas súas posibilidades de repetir o resultado logrado na proba do día anterior sobre o 500 metros. Tras o percorrido sobre os 200 metros, Irene e Andrea non só lograron rematar a proba en postos de podio, senón que alcanzaron o título de subcampionas galega, tan só por detrás das campionas Raquel da Costa (que lograba o seu quinto ouro do campionato) e Camila Aldana Morison.

Coa disputa desta final, remataba a participación do Ribeiras do Tambre, que voltaba a Ames con tres metais (dous bronces e unha prata) e un cuarto posto no campionato autonómico. Uns resultados impresionantes para o noso club.

Case sen tempo para o descanso, a vindeira cita será a disputa do Campionato de España de Jóvenes Promesas Cadete e Infantil, os días 27  e 28 en Verducido (Pontevedra).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s