Un ouro e un bronce no Campionato Galego K-2 de Alevíns e Benxamíns

Ángel González e Gabriel Martínez proclamáronse campions galegos en k-2 na categoría Home Alevín A, mentres que Luis Guilbert e Ángel Lago lograron o bronce na categoría Home Benxamín.

DSC_0180

O Ribeiras do Tambre logrou o pasado sábado en Catoira uns resultados espectaculares no Campionato Galego K-2 de Alevíns e Benxamíns. Un ouro, un bronce, un cuarto posto e outro quinto foron os resultados máis salientables.

As probas, disputadas sobre un percorrido de 1500 metros, deron comezo ás 11:00 h. Os primeiros en participar foron os máis pequenos, os benxamíns. Na categoría femenina, tomaban a saída Laura Ardións e Clara Zaballa que pelexeron pola medalla de bronce ata os últimos metros, pero finalmente lograron unha meritoria cuarta posición. Na categoría masculina, Luis Guilbert e Ángel Lago formaban o k2 representante do Ribeiras do Tambre. Tras uns últimos 500 metros de esforzo por lograr o terceiro posto, lograron a tan merecida medalla de bronce.

Xa na categoría Alevín B, e sen representación masculina, Sara Tomé e Ana Zaballa eran as bazas do noso club na proba feminina. Tras unha moi boa salida das nosas padexeiras, remataron o percorrido de 1500 metros nunha magnífica quinta posición.

Os últimos en tomar parte do campionato galego foi a categoría Alevín A. Lorena Viaño e Andrea Tomé eran as nosas padexeiras na proba feminina. Despois dun pequeno lance de regata con outras participantes, cruzaron a liña de meta na 11ª posición. Na categoría masculina, o Ribeiras do Tambre presentaba na liña de meta tres embarcacións: Ángel González-Gabriel Martínez, Gonzalo Diz-Juan Alfredo Martínez e Álvaro Fernández-Rubén Tomé. Nunha das probas con maior participación, os nosos padexeiros Ángel e Gabriel lograron proclamarse campións galegos, despois dun apretado sprint cos segundos clasificados. Tras un pequeno tapón formado despois da saída no que as dúas embarcacións restantes do Ribeiras do Tambre se viron implicadas, Gonzalo e Juan remataron no posto 17 e Álvaro e Rubén no 30.

En canto á clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre logrou unha moi boa séptima praza, dun total de 20 clubs participantes de toda Galicia. A vindeira cita do calendario galego será o próximo domingo 11 de agosto, coa disputa da 3ª Regata da Liga Galega de Alevíns e Benxamíns, na localidade da Illa de Arousa.

DSC_0175

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s