Máis de 400 deportistas no Descenso do Tambre

Éxito total de participación nunha proba na que o club As Torres de Catoira se alzou co triunfo final, por diante do Muíño de Ribadumia, Portonovo, Ribeiras do Tambre e Náutico de Pontecesures.

scale

Un ano máis, o Descenso do Tambre convertiuse nunha das probas do calendario amigable que máis deportistas reúne. nesta edición número 28, máis de 400 padexeiros remaron por augas do río Tambre. Un total de 16 clubs de toda Galicia se achegaron o pasado domingo 25 de agosto pola Praia Fluvial de Tapia.

A proba estaba dividida en dous segundo as categorías. Os veteranos, seniors, juniors e cadetes realizaron un descenso de 6 km. dende Portomouro ata a Praia Fluvial de Tapia. Pola contra, os benxamíns, alevíns e infantiles realizaron un pequeno circuito de 1500 metros na Praia Fluvial de Tapia.

En canto ao descenso, Adolfo Monteagudo (As Xubias), David Maquieira (Muíño de Ribadumia) e Irene Mirás (Ribeiras do Tambre) lograron os triunfos absolutos nas probas home kaiak, home canoa e muller kaiak respectivamente. Ademáis, Paula Pérez (Piragüismo Cambados) e Alfonso Oreiro (Muíño de Ribadumia) lograron os triunfos na categoría home e muller senior k-1. Nesta proba do descenso, participaron case 100 padexeiros.

Xa no circuito da Praia Fluvial de Tapia, máis de 300 nenos e nenas de toda galicia percorreron os 1500 metros. Todas as categorías e modalidades de benxamín, alevín e infantil foron participando ao longo da tarde.

En canto á clasificación por clubs, As Torres de Catoira alzouse co triunfo final, por diante do Muíño de Ribadumia, da Cofradía de Pescadores de Portonovo, do Ribeiras do Tambre e do Náutico de Pontesures.

Tras as diferentes regatas procedeuse á entrega de premios para os gañadores, así como dun lote de material deportivo para os tres gañadores absolutos do descenso. Ademáis, tamén lle foi entregado un pin conmemorativo ao alcalde de Ames, Santiago Amor, a edila de deportes, María Eugenia Martín e ao presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea.

Podes consultar todos os resultados premendo aquí (resultados individuais) e aquí (resultados por clubs).

Tamén podes ver as fotos publicadas no xornal La Voz de Galicia premendo aquí.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s