O Ribeiras do Tambre, o cuarto mellor club de Galicia en Alevíns e Benxamíns

A FGP acaba de publicar as clasificación finais das diferentes ligas que compoñen a Superliga Galega 2013.

CGP

O Ribeiras do Tambre rematou a temporada acadando o posto 29 (dun total de 46) na Superliga Galega 2013. Nesta clasificación englóbanse as Copas de Ríos e Travesías, Pista e Promoción onde só participan as categorías Infantil, Cadete, Junior, e Senior. Un ano máis, os máis pequenos (alevíns e benxamíns) non computan para esta Superliga e os clubs que máis traballan con nenos pequenos quedan penalizados, tanto a nivel deportivo como económico.

Deixando estas cuestións á marxe, a temporada que ven de rematar o noso club foi magnífica. Na Copa Galega de Pista, rematamos no posto 25 dun total de 38 clubs participantes. Coa participación en tan só tres regatas  de cinco disputadas e con únicamente 3 padexeiros na categoría cadete, o noso club rematou por diante de clubs como o Illa de Arousa, Rodeira de Cangas, Xuvenil de As Pontes, Viveiro e Narón. A nivel individual destacamos os bronces de Irene Mirás (k-1) e de Andrea Tomé e Irene Mirás (k-2) nos Campionatos Galegos de Inverno e os metais acadados no Campionato Galego de Pista por Andrea Tomé e Irene Mirás (prata en k-2 200 metros e bronce en k-2 500 metros) e Irene Mirás (bronce en k-1 200 metros).

Na Copa Galega de Promoción, o Ribeiras do Tambre acadou a 32ª posición dun total de 40 clubs de toda Galicia. Participamos en tres das seis regatas que compoñen esta copa con 3 padexeiros da categoría infantil. A nivel individual cómpre destacar a sexta posición de Martín del Río na Regata de Pontesampaio e o oitavo posto logrado no Campionato Galego de 1000 metros.

En canto á Copa de Ríos e Travesías, o club tan só participou en dúas das nove regatas: na Travesía de o Grove e no Miño de Tui. Con todo, acadamos o posto 38 dun total de 45 clubs. A destacar os cuartos postos de Andrea Tomé e Irene Mirás en k-2 en O Grove e de Elisa Ricoy e Andrea Tomé no mítico Descenso do Miño de Tui.

Xa fóra da Superliga, na Liga Galega de Alevín e Benxamíns, o Ribeiras do Tambre acadou o seu mellor resultado do ano, logrando ser o cuarto mellor club de Galicia, dun total de 40. Coa participación nun total de cinco probas, logramos quedar por diante de clubs tan potentes como o Muíño de Ribadumia, o Portonovo, Pontecesures, Mar Ría de Aldán, Kayak Tudense e Firrete, tan só sendo superados polo Breogán de o Grove, Cidade de Pontevedra e As Torres de Catoira. A nivel individual destacamos os metais nos Campionatos Galegos: bronce para Luís Guilbert e Ángel Lago en k-2, ouro para Ángel González e Gabriel Martínez en k-2, bronce para Luís Guilbert en k-1 e prata para Ángel González en k-1.

Como novidade este ano, tamén participamos na Liga Galega de Veteranos coa disputa da regata da Campionato Galego de Inverno. Aínda que quedamos últimos nesta Liga, esperamos que nos próximos anos se animen os nosos veteranos e poidamos facer un bo papel nesta liga.

Por último, e como novidade neste temporada, creouse a Liga Provincial da Coruña coa participación de 10 clubs da provincia de A Coruña, a máis numerosa das tres ligas provincia galegas. Das cinco probas das que constaba á liga, tan só puntuaban para clasificación final as catro mellores. Isto perxudicaríanos unha vez máis, pois finalmente rematamos na cuarta posición, por detrás do Firrete (campión), Boiro (subcampión, asistindo tan só a catro probas) e Betanzos (terceiro). En canto aos resultados individuais, cómpre destacar a Laura Ardións, Luís Guilbert e Ángel González, xa que dominaron practicamente todas as probas nas súas correspondentes categorías

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s