Bos resultados no control sobre 5.000 m.

A pasada fin de semana celebrouse en Verducido (Pontevedra) un control sobre 5.000 metros para as categorías  cadete, junior senior e veterano (sábado) e  infantil (domingo).

BfY-puOCIAAoJ0U.jpg-large

O Ribeiras do Tambre acudiu a última proba de carácter amigable da pretemporada. As diferentes regatas disputáronse no encoro de Verducido (Pontevedra) na pasada fin de semana. A distancia a percorrer foron 5.000 metros repartidos nunha volta de 2.000 metros e dúas de 1.500 metros.

Na xornada do sábado tiveron lugar as diferentes regatas correspondentes ás categorías cadete, junior, senior e veterano. O noso club acudiu á cita con 4 padexeiros. Deron comezo da proba os homes kaiakistas seniors, sen representación do Ribeiras do Tambre. Na segunda proba, os homes kaiakistas juniors e veteranos tiveron a súa oportunidade. Pola nosa banda, remaba Alfonso Martínez (K-1 Home Veterano), que rematou no posto 35.

Xa mediada a mañá, o mal tempo fixo que se suspendese a proba dos homes kaiakistas cadetes, na que participaban Martín del Río e Carlos Balsa. Tras o paso dunha mini fronte activa, o tempo deu unha tregua e tomaron auga as canoas masculinas, onde ningún representante do noso club participou.

Por último foi o turno nas mulleres (kaiakistas e canoistas) onde tomaban parte as nosas representantes Irene Mirás e Andrea Tomé, ambas na categoría K-1 Muller Junior. Tras o percorrido sobre 5.000 metros, Irene rematou 3ª mentres que Andrea finalizou 15ª.

Xa na xornada dominical, saían á escena os infantís, nunha mañá igual de pouco apetecible que o sábado pero cunhas mellores condicións das augas do encoro de Verducido. Os primeiros en remar foron os kaiakistas da categoría Infantil A, onde o noso representante Xosé Lois rematou no posto 28.

Tras os maiores infantiles, era o turno dos nados no ano 2001, os kaiakistas infantís B. Proba na que ata 6 representantes do Ribeiras do Tambre tomaron a saída. Na categoría masculina houbo dobrete por parte do noso club. Gabriel Martínez logrou impoñerse por diante de Ángel González, que foi segundo. Gonzalo Diz cruzaba a liña de meta na oitava posición mentres que Rubén Tomé e Álvaro Fernández lograron os postos 26 e 30 respectivamente. Na categoría feminina, Lorena Viaño rematou nunha moi boa sexta praza.

Por último, era o turno das canoas, xa sen representación amiense.

Balance moi positivo por parte do Ribeiras do Tambre neste control, que demostra o excelente traballo que están a facer os nosos padexeiros durante os adestramentos. As próximas citas xa serán de carácter oficial, coa disputa do Campionato Galego de Inverno sobre 5.000 metros para as categorías cadete, junior, senior e veterano, prevista para 23 de febreiro.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s