Publicados os calendarios de competicións

A temporada 2014 arrancará o vindeiro 22 de febreiro, coa disputa do Campionato Galego de Inverno sobre 5.000 m. en Verducido (Pontevedra) e rematará o 13 de setembro co tradicional Descenso do Sil, no Barco de Valdeorras.

Dibujo

A Federación Galega de Piragüismo acaba de publicar o calendario oficial para a temporada 2014. A única novidade salientable respecto aos anos anteriores é a supresión da Liga Galega de Alevíns e Benxamíns. Así pois, a Superliga Galega 2014 constará das tres ligas de Pista, Ríos e Travesías e Promoción. Ademáis, continúa a Liga Galega de Veteranos así como a segunda edición da Liga Provincial da Coruña.

A Liga Galega de Pista contará con 4 probas: o Campionato Galego de Inverno K-1/C-1, o Campionato Galego de Inverno K-2/C-2, o Campionato Galego de Pista Individual e o Campionato Galego de Pista en Embarcacións de Equipo. Pola súa banda, o calendario nacional inclúe outras catro probas: o Campionato de España de Inverno, a Copa 1.000 m., a Copa 500 e 200 m. e o Campionato de España de Pista.

En canto á Liga Galega de Ríos e Travesías, este ano as probas a disputar son: Travesía da Toxa, Descenso do Miño de Luego, Travesía de Aldán, Descenso do Umia, Miño de Ourense, Travesía de As Pontes K-4/C-4, Travesía de Foz, Campionato Galego de Maratón, Miño de Tui, Descenso do Eume e o Descenso do Sil. No que respecta ao calendario nacional, disputaranse dúas probas de maratón e unha de rios e travesías.

Na Liga de Promoción, os infantiles disputarán regatas en Verducido, Pontevedra (dúas) e Lugo antes dos Campionatos Galegos de 3.000 m. en Boiro e de Pista en Verducido. Na Liga Española de Jóvenes Promesas, os cadestes viaxarán a Sevilla para a disputa do Campionato de España de Inverno e a Copa 1.000 de Cadetes (Asturias). Xunto coa categoría Infantil disputaran o Campionato de España Pista de Jóvenes Promesas (Verducido). Ademáis os infantiles desprazaranse ata Zamora para a regata da Copa de España Infantil 3.000 m.

Por último, a Liga Provincial da Coruña constará de catro probas, unha delas a que se vai a disputar no noso Concello o 24 de agosto, proba organizada polo Ribeiras do Tambre. Ademais, As Pontes, Cabanas e As Xuvias serán as outras tres probas da liga provincial.

Podes consultar as distintas datas do calendarios galego e nacional (premendo aquí).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s