Gabriel Martínez, ouro na 1ª Regata da Copa Galega de Promoción

O Ribeiras do Tambre logrou un resultados magníficos na 1ª Regata de Promoción, disputada o pasado sábado no encoro de Verducido (Pontevedra).

DSCN1052

O Club acudía á cita con un total de 11 padexeiros, pertencentes as categorías Alevín A e Infantiles. Os resultados individuais dificilmente podrían ter sido mellores: un ouro, tres top-10, cinco top-15 e nove padexeiros entre os 30 primeiros. Ademáis, todos os nosos padexeiros lograron entrar en control e puntuar así na clasificación final por clubs. A nivel colectivo, acadamos o 12º posto dun total de 35 equipos de toda Galicia, moi penalizados pola puntuación extra que obteñen os infantiles de segundo ano respecto aos infantiles de primeiro ano.

Na categoría Alevín A, Sara Tomé logrou a 13ª posición en categoría femenina, mentres que Ismael Docampo e Roi Montero acadaban os postos 22º e 57º respectivamente. Comentar que os alevíns competían de xeito amigable e non participaban na puntuación final por clubs.

Na categoría Muller Infantil B k-1, Lorena Viaño logrou unha meritoria séptima posición tras unha gran remontada, mentres que Andrea Tuñas remataba 30ª co seu incansable esforzo. En categoría masculina chegaba a victoria aplastante de Gabriel Martínez, con 20 segundos de marxe co segundo clasificado. Juan Alfredo Martínez logrou curzar a liña de meta en novena posición tras unha gran saída. Gonzalo Diz chegaba uns segundo máis tarde no 12º posto, tamén nunha gran remontada tras unha saída moi dubidativa. Ruben Tomé nunha moi boa regata logrou o posto 28 e Ángel González chegaba xusto detrás (29º) tras unha caída cando comandaba, nos primeiros compases, a regata, xunto con Gabriel e Xoel García (Kayak de Foz).

Na categoría Infantil A, o club so tiña a representación de Xosé Lois (Home Infantil A k-1), que acadou o posto 50, na proba máis numerosa, cos máis de 80 padexeiros de toda Galicia.

Estes grandes resultados veñen a confirmar a magnífica labor que están a facer os nosos padexeiros no día a día. A próxima cita para os infantiles será o 12 de abril en Pontevedra.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s