Campionato Galego de Inverno en embarcacións de equipo

O cuarto posto para Andrea Tomé e Irene Mirás na categoría Muller Junior k-2, o mellor logrado polos padexeiros amienses que se desplazaron a Verducido (Pontevedra).

1601394_10200855694913708_1438774110_n

O Ribeiras do Tambre participou o pasado sábado no Campionato Galego de Inverno en embarcacións de equipo e sobre 5.000 metros, proba disputada no encoro pontevedrés de Verducido. Á cida acudiron un total de 6 padexeiros, entrando todas as embarcacións en control e puntuando por clubs.

Na categoría Home Veterano 35-39 K-2, Alberto Viaño e Alfonso Martínez lograron o noveno posto, a 2′ 45” da cabeza. Na categoría Muller Junior K-2, Andrea Tomé e Irene Mirás, quedaron á porta de conseguir metal, acadando o 4º posto, a 20” da medalla de bronce. En Home Cadete K-2, Carlos Balsa e Martín del Río lograron o 18º mellor posto, a 3′ 15” da embarcación campiona galega.

Na clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre logrou o posto 16, dun total de 34 equipos participantes de toda a comunidade galega. A próxima cita da Copa Galega de Pista será o 12 de xullo, coa disputa do Campionato Galego de Pista Individual.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s