Unha prata e un bronce na II Regata de Promoción

Os metais chegaron da man de Gabriel Martínez (prata) e Ángel González (bronce) na categoría Home Infantil B K-1.

IMG_20140413_150822

Gabriel e Ángel recollendo a medalla.

O Ribeiras do Tambre participou o pasado domingo na II Regata da Liga Galega de Promoción, disputada en augas do río Lérez, ao seu paso por Pontevedra. Na cita participaron un total de 12 padexeiros amienses, pertencentes as categorías Alevín A e Infantil.

En categoría Muller Alevín A tomaron a saída Sara Tomé e Sara Fernández, que tras un percorrido de 1500 metros, lograron os postos 19 e 32 respectivamente. En categoría masculina, Ismael Docampo rematou na 21ª posición, mentres que Roi Montero cruzaba a liña de meta no posto 57.

Na categoría Infantil, as primeiras participantes foron Lorena Viaño e Andrea Tuñas, na categoría Muller Infantil B K-1. Xa sobre 3000 metros, Lorena acadaba o séptimo posto, moi cerca da cuarta cuarta, quinta e sexta clasificada. Pola súa parte Andrea logrou a 28ª posición, mellorando o resultado da primeira proba disputada en Verducido. A emoción da proba puxérona Carla Frieiro (As Torres Romería Vikinga) e Raquel Torres (Verducido-Pontillón) que nun apretadísimo sprint final pola medalla de ouro, logrou impoñerse a padexeira de Catoira.

Na categoría Home Infantil B K-1, o Ribeiras do Tambre contaba con seis representantes. Antes de tomar a saída, dous dos nosos padexeiros (Juan Alfredo Martínez e Gonzalo Diz) foron sancionados con un minuto de penalización por unha colocación incorrecta na liña de saída. Gabriel Martínez nun puido repetir victoria nesta ocasión, pero logrou un meritorio segundo posto, nun intenso duelo con Xoel García (Kayak Foz) que rematou coa victoria do lucense por 7 segundos. Na terceira posición, cruzaba a liña de meta o noso deportista Ángel González, superando a Gustavo López (Mar Ría de Aldán) por escasos 4 segundos. Pola súa parte, Gonzalo e Juan cruzaban a liña de meta nos postos 10º e 12º, pero coa correspondente penalización foron desplazados finalmente aos postos 13º e 20º. Rubén Tomé rematou os 3000 metros na 24ª posición, mentres que Álvaro Fernández o facía na 38ª.

Sen participación na categoría Infantil A, o club rematou no posto 13ª na clasificación final por equipos (penalizados pola sobrepuntuación que se lle otorgan ao Infantiles A sobre os B), dun total de 35 clubs de toga Galicia.

A vindeira cita para os Infantiles, será o 3 de maio, onde Pontevedra volverá a ser o escenario das distintas probas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s