Irene Mirás, cuarta na Copa de España 1000 m.

Ademáis, o k-2 formado por Irene Mirás e Andrea Tomé, acadaron a sexta posición na Copa de España sobre 1000 metros, disputada en Verducido a pasada fin de semana.

10273891_10201769193662629_5316731677352875722_n

O Ribeiras do Tambre participuo na pasada fin de semana na Copa de España sobre 1000 metros, disputada no encoro Pontillón do Castro de Verducido (Pontevedra). Na proba, onde unicamente participaban as categorías junior e senior, o club participou en dúas probas: Muller Junior k-1, con Irene Mirás, e Muller Junior k-2, con Irene e Andrea Tomé.

O sorteo das semifinais foi quisquilloso cos nosa padexeira Irene, xa que foi encuadrada na primeira serie, a máis complicada, onde a tres primeiras se clasificaban para a final A. Nunha xornada marcada polo forte vento, Irene conseguiu chegar ao final dos 1000 metros na segunda posición nun apretadísimo sprint coa terceira clasificada. A semifinal foi gañada pola tamén galega Camila Aldana Morison (Náutico Pontecesures) cunha gran superioridade. A segunda semifinal foi gañada por Raquel Da Costa (Náutico Pontecesures) e a terceira por Alomar Adrover (Náutico Portopetro).

Así pois, coas grandes favoritas na final, comezou a disputa pola loita dos metais. Rápidamente as padexeiras do Náutico Pontecesures se desmarcaron do resto e loitarían entre elas polos metais de ouro e prata. A medalla de bronce estaba máis reñida, coa nosa padexeira Irene loitando pola presea. Sen embargo, ao final da proba, Irene chegou a meta na cuarta posición, a só 5 segundos da terceira clasificada. Finalmente, o ouro foi para Camila e a prata para Raquel, que foron acompañadas no podio por Sara Ouzande (Real Grupo de Cultura Covadonga).

Tras un descanso para repoñer enerxías, era o turno das probas en embarcacións dobres. As nosas padexeira Irene e Andrea loitarían na primeira semifinal por unha praza na final. Finalmente, Irene e Andrea pasaron sen complicacións á proba pola loita das medallas ao rematar na terceira posición, por detrás dos k-2 Morison-Da Costa (Náutico Pontecesures) e Fernández-Moreno (Polideportivo Iuxtanam – Monteoro). Fernández-Hernández (RCN La Palma) foron as gañadoras da segunda semifinal.

Xa na final, e tras o percorrido dos 1000 metros, as nosas padexeiras lograron unha meritoria sexta posición, nun apretado final coas quintas clasificadas. A medalla de ouro foi para o k-2 Morison-Da Costa (Náutico Pontecesures), prata para Cabanas-Ouzande (Real Grupo de Cultura Covadonga) e bronce para Fernández-Hernández (RCN La Palma).

Con estos dous magníficos resultados o club acadou o posto 35 na clasificación final por equipos, dun total de 74 clubs de toda España. Case sen tempo para adestrar, a vindeira cita do calendario nacional de pista será os días 24 e 25 de maio, coa disputa da Copa de España 500 e 200.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s