Prata, bronce e catro top-10 na 3ª Regata de Promoción

Gabriel Martínez (prata) e Ángel González (bronce) voltaron ao podio na 3ª Regata de Promoción, disputada a pasada fin de semana en Pontesampaio (Pontevedra).

IMG_1622

Resultados moi similares aos acadados hai apenas 15 días os que lograron os padexeiros do Ribeiras do Tambre na 3ª Regata de Promoción, disputada o sábado no río Verdugo, na localidade pontevedresa de Pontesampaio. Desta volta, onde só competían os infantiles,, o Ribeiras do Tambre acudiu á cita con un total de 9 padexeiros.

Na primeira proba, tomaban parte as Mulleres Infantil B K-1, coa representación das padexeiras de Ames, Lorena Viaño e Andrea Tuñas. Sobre un percorrido de 3000 metros, onde a pouca profundidade nalgunhas zonas do percorrido facía incómodo a paleo, Lorena rematou sexta, mellorando os resultados nas probas anterior, a pouco máis de 30” da medalla de bronce. Pola súa parte, Andrea , que arrastraba aínda algunha molestia dunha lesión anterior, rematou nun bo 31º posto.

Media hora máis tarde era o turno da categoría Home Infantil B K-1. O noso club presentaba na liña de saída ata seis participantes, con dous claros candidatos na loita polas medallas. Nunha fermosa proba, cun tira e afloxa por parte de Gabriel Martínez e Xoel García (Kayak Foz), finalmente a victoria foi para a padexeiro lucense, que lanzou un sprint final de 350 metros. O noso padexeiro Gabriel tivo que conformarse coa segunda plaza, e tras eles, cruzaba a liña de meta en solitario Ángel González, logrando a medalla de bronce. Pouco despois, chegaban á meta Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez, logrando os postos oitavo e undécimo, respectivamente. Na parte media da clasificación, acadando os postos 34 e 44, chegaron Rubén Tomé e Ávaro Fernández.

Na última proba da tarde, tomaba a saída Xosé Lois como único representante do Ribeiras do Tambre. Tras os 3000 metros e coa maior participación de padexeiros de toda a tarde, o noso deportista cruzaba a liña de meta no posto 54.

Na clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre acadou o posto 13, dun total de 34 equipos de toda a comunidade galega. A vindeira cita da Liga Galega de Promoción será o 8 de xuño en Lugo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s