O Ribeiras do Tambre, entre os 26 mellores clubs de España

Tres quintos postos e un cuarto, o balance do Ribeiras do Tambre na Copa de España sobre 500 e 200 m., disputada a pasada fin de semana en Pontevedra.

10365472_10201933057919133_4607110624388838667_o

O Ribeiras do Tambre, ven de lograr un dos seus mellores resultados a nivel nacional da súa historia. Con participación en catro probas, non só logrou que todas as embarcacións se clasificasen para as finais polas medallas, senon que todas clasificación entre as 5 primeiras.

Na xornada matinal de sábado, destinada ás probas en embarcacións individuais sobre os 200 metros, a nosa padexeira Irene Mirás, lograba clasificarse para a final A na categoría Muller Xuvenil k-1 rematando segunda na súa semifinal. Xa na serie final, e coa presenza de todas as favoritas para alcanzar os postos de podio, Irene rematou no quinto lugar a tan só 3 milésimas do cuarto posto. A proba estivo dominada en todo momento pola asturiana Sara Ouzande (Real Grupo de Cultura Covadonga) e foi acompañada nos lugares de privilexio polas galegas Camila Aldana Morison e Raquel Da Costa (Náutico de Pontecesures).

Xa sobre os 500 metros e en horario de tarde, o guión foi moi semellante ao visto pola mañá. Irene lograba a clasificación para a final A acadando a segunda posición na súa semifinal. Na final, de novo coas favoritas en acción, a nosa padexeira Irene lograba rematar na cuarta posición tan só por detrás da Sara Ouzande (ouro), Raquel Da Costa (prata) e Camila Aldana Morison (bronce). Este cuarto posto logrado por Irene nos 500 metros dalle a posibilidade de ser seleccionada para o equipo nacional, que participará nos próximos mundial e europeo. Todo queda a expensas da decisión do comité técnico.

Xa na xornada de domingo, era o turno das embarcación de equipo. Nunha mañá intensa onde se disputaban todas as probas sobre 200 e 500 metros, participaba o noso k-2 formado por Irene Mirás e Andrea Tomé, na categoría Muller Xuvenil k-2. Sobre os 200 metros, as nosas padexeiras lograban o pase á final, logo de rematar cuartas na súa semifinal. Case sen descanso xa tocaba remar a final, na que lograron un moi bo quinto posto, nunha proba dominada polo k-2 do Náutico de Pontecesures Da Costa-Morison.

Sobre os 500 metros, Irene e Andrea lograban a segunda posición na súa semifinal, clasificándose así para a final. Tras os 2 minutos de regata, acadaban a mesma posición que no 200, quintas, noutra proba dominada polas padexeiras de Pontecesures.

Con estes resultados (tres quintos e un cuarto), remataba a participación do Ribeiras do Tambre nesta Copa de España. Estes magníficos resultados auparon o noso club ao posto 26º na clasificación final por equipos, dun total de 72 clubs de toda España.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s