Gabriel Martínez vence na 4ª Regata de Infantiles

Ata un total de 5 padexeiros colocou o Ribeiras do Tambre entre os dez primeiros clasificados nas súas correspondentes categorías na 4ª Regata de Promoción, disputada o pasado domingo en Lugo.

infantil_B_2

Os resultados individuais acadados polos padexeiros do Ribeiras do Tambre o pasado domingo foron dos mellores, logramos nunha regata da Liga Galega de Promoción en toda a historia do club. Ata cinco deportistas: Gabriel Martínez, Ángel González, Lorena Viaño, Juan Alfredo MArtínez e Gonzalo Diz, conseguiron clasificarse entre os 10 primeiros nas súas correspondentes categorías.

Na primeira proba, Muller Infantil B k-1, só participaba Lorena Viaño como representante amiense. Nun percorrido sobre 3000 metros, típicamente de río, a saída foi determinante. A nosa padexeira Lorena saíu ben, pero non foi capaz de engancharse ao grupo de cabeza neses primeiros compases da proba e comandou un segundo grupo perseguidor que foi deixando atrás co paso dos metros. Ao final, cruzou a liña de meta en solitario na séptima posición, a escasos 20 segundos da medalla de bronce.

Na categoria Home Infantil B k-1, tomaban parte na liña de saída ata 6 padexeiros de Ames: Gabriel Martínez, Ángel González, Juan Alfredo Martínez, Gonzalo Diz, Rubén Tomé e Álvaro Fernández. Sobre o percorrido estreito de dúas voltas de pura estratexia, os nosos deportistas tomaron a saída, na que Álvaro sufriu unha caída tras un choque fortuíto. Sen embargo foi capaz de subirse de novo na súa piragua e completar o percorrido, adiantando rivais como se nada houbera pasado. Finalmente cruzou a liña de meta no posto 55. O resto de representantes foron moi valentes na saída e lograron moi boas colocacións nos primeiros metros. Gabriel e Ángel comandaban a regata, tras eles aparecía Juan comandando o grupo perseguidor e un pouco máis retrasados estaban Gonzalo e Rubén. Ao remate da primeira volta, Gabriel comandaba a proba con un par de segundo de vantaxe sobre unha dupla perseguidora, de onde se descolgaba o noso padexeiro Ángel que remaba en solitario na 4ª posición. Pola súa parte, a Juan pasáballe factura o esforzo da saída e ía perdendo posición pouco a pouco mentres que Gonzalo ía de menos a máis. Rubén mantiña o mesmo nivel mostrado nos primeiros compases da proba. A victoria de Gabriel decidiuse nos últimos metros, tras un sprint co segundo clasificado, e recentemente proclamado campión de España, Xoel García (Kayak de Foz). Ángel remataba a regata cruzando a liña de meta sen oposición na cuarta praza, a escasos 30 segundos das medallas. Un minutos máis tarde, Juan e Gonzalo decidiron entre eles o noveno e décimo posto nun sprint, no que Gonzalo non foi capaz de recuperar os metros de vantaxa cos que partía Juan. Pouco despois, chegaba tamén en solitario Rubén Tomé á liña de meta, logrando un espectacular 18º posto.

Xa na categoría Infantil A k-1, coa única representación de Xosé Lois en categoría masculina en representación do Ribeiras do Tambre, tomaban parte na saída máis de 70 padexeiros. Nunha regata moi incómoda pola cantidade de deportistas e o pouco ancho do Río Miño, o noso deportista Pepe non atopou esa comodida necesaria para competir a un bo nivel. Aínda así, competiu polos posto medios da clasificación, acadando o posto 52.

Na clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre acadou o posto 15, dun total de 33 equipos participantes de toda Galicia. A caída na saída de Álvaro e a ausencia de Andrea Tuñas impediron que se acadara clasificarse entre os 10 primeiros. A próxima cita para os infantiles será o próximo 28 de xuño, coa disputa da Copa de España de Jóvenes Promesas Infantil en Zamora.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s