Irene Mirás participará no Europeo e no Mundial Junior

A nosa padexeira Irene Mirás acaba de ser convocada oficialmente pola Federación Española de Piragüismo para representar a España nas próximas competicións europeas e mundiais na categoría Junior.

IMG-20140611-WA0000

Irene Mirás representará a España nos próximos Campionatos de Europa e do Mundo Junior. A súa boa actuación na pasada Copa de España sobre 500 metros, non pasou desapercibida polo comité técnico. A padexeira amiense tomará parte do k-4 junior sobre a distancia dos 500 metros.

No Campionato de Europa, que terá lugar entre o 26 e o 29 de xuño na localidade francesa de Mantes, remará a proba feminina do k-4 500 m.  xunto coa zamorana Mirella Vázquez, a balear Gael Fernández e a catalana Laia Pelachs.

A localidade húngara de Szeged será o escenario do Mundial, que se disputará entre o 17 e 20 de xullo. Irene tamén participará na proba do k-4 feminino, nesta ocasión campartirá embarcación con Mirella Vázquez e as tamén galegas Camila Aldana Morison e Raquel Da Costa.

Coa participación de Irene neste europeo e mundial, convertirase na terceira padexeira do Ribeiras do Tambre en participar en competicións internacionais. A pioneira sería Ana Varela, participando no Campionato do Mundo Junior no ano 2001 en Brasil, logrando ademais a medalla de prata en k-4 xunto con LLanez Esmidahova, Laura García e Tania Lois. No ano 2005, Manuel Ángel Varela participou na Copa do Mundo Junior de Maratón, disputada na localidade portuguesa de Crestuma, proba na que conseguiu unha prata na proba do C-1.

Porque non hai dúas sen tres, noraboa a nosa padexeira Irene e independentemente dos resultados, será recibida como unha auténtica campiona!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s