Irene Mirás, ás portas da final no europeo de Mantes.

A padexeira amiense, Irene Mirás, quedou ás portas de clasificarse para a final do Campionato de Europa Junior, na proba do k-4 500 m.

10409448_1513826775498594_9135085793729692457_n

A terceira participación do Ribeiras do Tambre en competición internacional produciuse esta semana, na localidade francesa de Mantes, coa representación da nosa padexeira Irene Mirás no Campionato de Europa Junior e Sub-23.

Irene participou na proba do k-4 500 m. xunto coa zamorana Mirella Vázquez, a balear Gael Fernández e a catalana Laia Pelachs. As series clasificatorias disputaronse o pasado xoves, onde as tres primeiras embarcacións de cada serie clasificábanse directamente para a final, mentres que do cuarto ao séptimo posto máis o mellor oitavo tempo loitarían por entrar na final a través das semifinais, mentres que o resto quedaban eliminados. As representantes de España participaron na primeira serie, onde remataron no sexto lugar, cun tempo de 1’52”, clasificándose así para as semifinais.

O sábado pola mañá disputáronse as semifinais sobre os 500 metros. O k-4 español, marcado pola nosa deportista Irene, estivo na pelea por clasificarse entre as tres primeiras e obter unha praza na final. Finalmente, non puido ser, e remataron na séptima posición, a tan só 4 segundos da final.

Tendo en conta a escasa preparación da embarcación para esta cita continental, foi un resultado magnífico para a nosa padexeira. Dende o Ribeiras do Tambre estamos moi orgullosos de Irene, proba que dende un pequeno club se pode chegar ao máis alto.

Dende o noso club, tampouco nos podemos olvidar dos patrocinadores, que foron os que fixeron posible que Irene participara neste Campionato de Europa Junior e, fundamentalmente, ao noso Concello de Ames.

Pero isto non remata aquí, xa que en tres semanas, Irene participará no Campionato do Mundo Junior, na localidade húngara de Szeged.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s