Dúas medallas na Copa de España de Infantiles.

Dúas pratas para o k-1 de Gabriel Martínez e o k-2 González Gómez – Martínez Pachón. Duodécimo posto para o Ribeiras do Tambre no medalleiro e 15º na clasificación final por clubs.

IMG_1742

Fin de semana magnífico o que viviu o Ribeiras do Tambre a pasada fin de semana en Zamora, na Copa de España de Infantiles sobre 3.000 metros. O club, desplazábase a territorio castelá-leonés con un total de 9 infantiles para participar nas probas de k-1 e k-2 durante todo o día do sábado.

Na xornada matinal, tomaban parte nesta Copa de España as embarcacións individuais. As primeiras en saír á escea, as Mulleres Infantiles B k-1, onde tomaban parte as nosas deportistas Lorena Viaño e Andrea Tuñas. Nunha regata sen sobresaltos para as nosas, Lorena cruzou a liña de meta no posto 25 e Andrea no posto 51, nunha proba dominada pola pontevedresa Raquel Torres do Club Piragüismo Verducido Pontillón.

En categoría masculina k-1 Infantil B, tomaban as augas do Duero ata 6 padexeiros do Ribeiras do Tambre: Álvaro Fernández, Ángel González, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz, Juan Alfredo Martínez e Rubén Tome. Sobre un percorrido pouco vistoso de cara ao público e con un lixeiro vento que provocaba unhas olas moi incomódas, tomaron a saída os nosos deportistas. Xa na liña de meta, Gabriel Martínez chegou en segunda posición, logo de liderar gran parte da regata, cedendo a victoria nos últimos metros. Ángel cruzaba a liña de meta nun dos grupos perseguidores, no posto 14º. Un pouco máis atrás, no posto 27 chegaba Gonzalo e Juan Alfredo, 49º. Pola súa parte, Álvaro chegou á meta na 91ª posición e Rubén, tras unha caída na primeira ciaboga, rematou no posto 97.

Em categoría masculina Infantil A k-1, o Ribeiras do Tambre presentouse na liña de meta con un único deportista: Xosé Lois. Nunha proba numerosísima, onde remar os primeiros metros era tarea complicadísima, o noso padexeiro Pepe logrou curzar a liña de meta no posto 107.

Xa nas probas vespertinas en k-2, as primeiras en participar foi o k-2 de Viaño del Río – Tuñas Castro na categoría Muller Infantil B, logrando o decimoterceiro posto. En categoría masculina chegaba a segunda medalla do campionato para o Ribeiras do Tambre, coa prata lograda polo k-2 de Martínez Pachón – González Gómez tras un sprint pola medalla de ouro que se lles escapou nos últimos metros. O k-2 de Diz Noya – Martínez Pereiro curzaba a liña de meta duodécimo e o de Tomé Moure – Fernández Lariño lograba o posto 25.

Con estos resultados, Gabriel Martínez rematou no quinto posto no medalleiro individal con dúas medallas de prata, mentres que o club o facía no posto 12, sendo o cuarto club (compartido) que logrou máis madallas, tan só por detras de As Torres de Catoira, Verducido Pontillón e Náutico de Sevilla. En canto á clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre rematou como o 15º mellor club de España nesta Copa, dun total de 74 equipos participantes de toda España.

IMG_1722

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s