Gabriel Martínez, subcampión galego sobre 3000 metros

O noso padexeiro Gabriel acaba de proclamarse subcampión galego de fondo, no Campionato Galego de Infantiles disputado o pasado domingo en Boiro.

100_5307

O Ribeiras do Tambre presentouse o pasado domingo en Cabo de Cruz (Boiro) con un total de 7 padexeiros para a disputa do Campionato Galego de Infantiles sobre a distancia de 3000 metros.

Na categoría Muller Infantil B k-1 tomaba parte na saída, Lorena Viaño, que tras unha caída transcorridos 500 metros, cruzou a liña de meta na 31ª posición. En categoría masculina Infantil B k-1 participaron os nosos deportistas Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz, Juan Alfredo Martínez e Álvaro Fernández. Tras unha moi boa saída dos nosos, Gabriel Martínez logrou chegar á meta en segunda posición, logrando así a medalla de prata. Pouco despois, no cuarto posto, chegaba Ángel en disputa no sprint pola medalla de bronce que finalmente non puido conseguir. Pola súa parte, Gonzalo e Juan, na súa loita personal, remataron undécimo e duodécimo respectivamente, mentres que Álvaro cruzaba a liña de meta no posto 56.

Na categoría Home Infantil A k-1, Xosé Lois era o noso único representante. Na proba sen dúbida máis numerosa da xornada, o noso padexeiro Pepe logrou chegar á mera nun moi bo 46º posto.

Na clasificación final por equipos, o noso club viuse mermado polas baixas de Rubén Tomé e Andrea Tuñas, e rematou no posto 15, dun total de 34 clubs participantes.

Case sen tempo para descansar, chega este vindeiro sábado o Campionato Galego de Pista de Infantiles, sobre a distancia de 1000 metros, no encoro pontevedrés de Verducido.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s