Irene Mirás, dous bronces no Campionato Galego de Pista Individual

Dúas medallas de bronce para o Ribeiras do Tambre no pasado Campionato Galego de Pista, que se disputou no encoro de Verducido (Pontevedra) o pasado sábado.

CGPista

Irene Mirás foi a gran protagonista do Ribeiras do Tambre no Campionato Galego de Pista Individual, ao lograr dous bronces sobre 500 e 200 metros. O club acudiu á cita con un total de 5 padexeiros das categorías cadete, junior e veterano.

En categoría Home Veterano 35-39 1000 metros, Alberto Viaño quedouse ás portas das finais ao rematar cuarto na súa semifinal, a tan só dous segundos da clasificación para as finais.

Martín del Río e Carlos Balsa participaron nas probas da categoría Cadete. Sobre 1000 metros quedaron ás portas de clasificarse para as semifinais rematando nos postos 29 e 32 respectivamente na serie contrarreloxo. Sobre a distancia de 200 metros, Martín logrou meterse nas semifinais ao clasificarse no posto 27 na serie clasificactoria mentres que Carlos non puido meterse entre os 27 mellores, rematando no posto 39. Nas semifinais, Martín rematou no oitavo lugar, quedando fóra das finais por pouco máis dun segundo.

En categoría Muller Junior, tomaban parte Irene Mirás e Andrea Tomé. Sobre 500 metros e ambas metidas nas semifinais, Irene logrou meterse na loita polas medallas sen problemas, ao rematar segunda na súa semifinal. Pola súa parte, Andrea rematou séptima na mesma semifinal, e non puido clasificarse para a final. Na final, Irene logrou a medalla de bronce, por detrás de Camila Aldana Morison e Raquel Da Costa.

Na distancia sobre os 200 metros, case que se repite o sucedido nos 500 metros. Irene clasificándose sen problemas para a final logrando o segundo posto na semifinal e Andrea rematando séptima na mesma semifinal e fóra da loita polas medallas. Na final, idéntico podium, con Irene logrando o segundo bronce do campionato, por detrás de Camila Aldana e Raquel Da Costa.

A segunda parte deste Campionato Galego de Pista terá lugar o próximo 9 de agosto, coa disputa das embarcación de equipo no encoro de Verducido (Pontevedra).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s