Irene Mirás, renuncia ao Mundial de Szeged (Hungría)

O cambio de última hora das compoñentes do k-4 español xunto coa falta de apoio económico por parte das institucións, os motivos da renuncia da nosa padexeira.

10511210_1515134465367825_4864629284779427612_n

Finalmente, Irene Mirás non participará no Campionato do Mundo Junior, que se disputa esta fin de semana en Szeged (Hungría). Un cambio de última hora nas compoñentes do k-4 e, principalmente, o nulo apoio das institucións foron os detonantes para que Irene tomara a decisión de renunciar ao Mundial.

A Federación Española de Piragüismo, ante unha posible incompabilidade de horarios, cambiou ás compoñentes do k-4 junior feminino. Nun principio ían tomar parte Raquel Da Costa, Camila Aldana Morison, Irene Mirás e Mirella Vázquez, pero a federación tomou a decisión de cambiar ás padexeiras galegas Raquel e Camila polas deportistas que tamén acompañaron a Irene no pasado Europeo Gael Fernández e Laia Pelachs.

Pero sen dúbida o detonante desta decisión foi o nulo apoio por parte das institucións para que estes deportistas representen a España en competicións internacionais. A Federación Española de Piragüismo, o Consello Superior de Deportes, e demais institucións nacionais, autonómicas e provinciais son moi propensos á hora de colgarse medallas pero traballan baixo a premisa: “Representar a España sempre e cando non me pidas financiacion”.

Tan só o Concello de Ames se mostrou disposto a axudar á nosa padexeira, financiando gran parte dos gastos do pasado Europeo de Mantes (Francia). Estes gastos son inasumibles por parte dun club pequeno como é o Ribeiras do Tambre. Dende aquí tampouco nos queremos olvidar das palabras do señor Miguel Cardenal, Presidente do CSD: “Nadie dejará de representar a España por motivos económicosver noticia >>

Creo que tomé las decisiones correctas sin ser egoista a cerca del mundial, toca descansar y para el año volver a trabajar duro para clasificarse y poder vivir de nuevo esta experiencia

Irene Mirás.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s