Dous ouros e un bronce no Campionato Galego Infantil

Gabriel Martínez en K-1 e o K-4 de Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez campións galegos, mentres que o K-2 de Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez foi medalla de bronce.

DSCN1082

Gabriel Martínez proclamouse campión galego sobre 1000 metros na modalidade de K-1 Infantil B. Posición que repetiría pouco despois como integrante do K-4 Infantil B campión galego, xunto con Ángel González, Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez. Ademais, medalla de bronce para o K-2 de Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez tamén na categoría Infantil B.

O pasada sábado tivo lugar a disputa do Campionato Galego de Pista Infantil sobre 1000 metros, no encoro pontevedrés de Verducido onde o Ribeiras do Tambre se presentou á cita con un total de 8 deportistas. Na xornada matutina Xosé Lois tomaba parte da contrarreloxo na categoría Home Infantil A K-1, que tras rematar no posto 38 non puido clasificarse entre os 27 mellores de Galicia e clasificarse así para as semifinais.

Os seguintes en saír á escena serían os K-2 Infantil B. En categoría masculina Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez lograron impoñerse na súa semifinal con gran autoridade e clasificarse así para a final. En categoría femenina, Lorena Viaño e Andrea Tuñas foron quintas na súa semifinal e quedaron fóra da final A por escasos dous segundos. Xa nas series finais, o K-2 de Gonzalo e Juan partía como favorito a lograr unha das medallas e así foi, logrando o terceiro posto tras un sprint final na loita pola medalla de prata. Pola súa parte, o K-2 de Lorena e Andrea impoñíase con claridade na final B.

Tras as finais das embarcacións dobres, chegaba a final do K-4 Infantil B, onde Ángel González, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez partían como os grandes favoritos para proclamarse campións galegos. Finalmente lograron impoñerse con gran claridade con máis de 20 segundos de vantaxe sobre os segundos clasificados, logrando así a segunda medalla do campionato.

Xa nas probas vespertinas era o turno dos nosos representantes en embarcacións individuais. Na categoría femenina Infantil B, Lorena Viaño e Andrea Tuñas tomaban parte na serie contrarreloxo, clasificándose as dúas padexeiras para as semifinais. Na categoría masculina, Gabriel Martínez e Ángel González fixeron o propio mentres que Álvaro Fernández quedouse fóra das semifinais ao rematar no posto 30 na contrarreloxo. Xa nas semifinais, Andrea rematou novena na súa semifinal, fóra das finais mentres que Lorena logrou clasificarse para a final A sen problemas ao rematar segunda na súa semifinal. Pola súa parte, Ángel e Gabriel clasificáronse sen probelmas para a final tras rematar segundo e primeiro respectivamente nas súas semifinais.

Xa nas series finais, Lorena Viaño logrou rematar séptima na gran final femenina. En categoría masculina chegaría a terceira medalla para o Ribeiras do Tambre e o segundo ouro, da man de Gabriel Martínez, que lograba impoñerse a Xoel García (Kayak Foz) nese particular “tira e afloxa” que están a ter esta temporada. Pola súa parte, Ángel rematou na séptima praza.

Na clasificación final por equipos, o Ribeiras do Tambre logrou o posto 12, dun total de 31 clubs participantes de toda Galicia. Sen tempo para coller aire, esta próxima fin de semana disputarase o Campionato de España de Pista de Jóvenes Promesas Cadete e Infantil, tamén en encoro de Verducido (Pontevedra).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s