Luís Guilbert, subcampión galego

Luís Guilbert ven de proclamarse subcampión galego na categoría Alevín B, no Campionato Galego de Alevíns e Benxamíns disputado o pasado domingo en Narón.

IMG-20140720-WA0006

O Ribeiras do Tambre acudiu o pasado domingo a Narón para a disputa do Campionato Galego de Alevíns e Benxamíns, cun total de 7 padexeiros. Na categoría Muller Alevín B, tomaba a saída Laura Ardións como única representante do Ribeiras do Tambre. Tras o percorrido de 1500 metros, Laura logrou cruzar a liña de meta nunha moi boa 12ª posición. Na mesma categoría pero en modalidade masculina participaban Luís Guilbert e Ángel Lago. Tas unha moi boa salida dos nosos deportistas, Luís chegaba a meta en segunda posición, proclamándose así subcampión galego, mentres que Ángel remataba a proba noutra moi boa 34ª posición.

Tras os Alevíns A era o turnos dos Alevíns A. En categoría femenina, Sara Tomé, Belén Gosende e Sara Fernández eran as nosas representantes na liña de saída. Tras o percorrido de 1500 metros, Sara Tomé chegaba á liña de meta nunha moi boa 13ª posición, Belén Gosende (na súa primeira regata) remataba no posto 25 e Sara Fernández, tras ter que repetir unha das ciabogas, rematou 47ª.

En categoría masculina, Ismael Docampo era o noso único representante na liña de saída. Tras unha regata moi numerosa, Ismael rematou no posto 48.

Na clasificación final por equipos, o Ribeiras do Tambre logrou o 14º posto, dun total de 26 clubs participantes de toda Galicia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s