7 medallas na I Regata da Liga Provincial en Pontedeume

Catro ouros, unha prata e dous bronces para os padexeiros do Ribeiras do Tambre na primeira regata da Liga Provincial de A Coruña, disputada o pasado 1 de agosto en Pontedeume.

IMG_1849p

O pasado venres 1 de agosto arrancaba en Pontedeume a II Liga Provincial de A Coruña coa novidade da participación da categoría cadete. O Ribeiras do Tambre acudiu á cita con un total de 26 padexeiros.

Na categoría Home Benxamín, Elías Emilio logrou o posto 18, mentres que en categoría femenina, Clara Zaballa foi cuarta e Carla Cantelar rematou oitava.

En Home Alevín B, Luís Guilbert logrou proclamarse campión da proba, mentres que Miguel Bouzas remataba no posto 14. Na mesma categoría pero na femenina, Laura Ardións tamén lograba facerse coa primeira posición.

Nas probas do Alevíns A, Ismael Docampo e Bernabé Pais lograban ser terceiro e 13º respectivamente en categoría masculina, mentres que en mulleres Sara Tomé remataba cuarta, Ana Zaballa quinta, Belén Gosende sexta, Sara Fernández undécima, Shenoa da Silva 13ª e Alicia Medida 14ª.

Na proba Home Infantil B k-1, chegaba un triplete para o Ribeiras do Tambre composto por Gabriel Martínez (ouro), Ángel González (prata) e Gonzalo Diz (bronce). Ademáis Rubén Tomé foi séptimo, Juan Alfredo Martínez oitavo e Álvaro Fernández 16º. Na proba femenina, Lorena Viaño lograba a medalla de ouro, mentres que Andrea Tuñas foi cuarta.

En Muller Infantil A k-1, Nuria Cal rematou no posto undécimo e na categoría Home Cadete k-1, Carlos Balsa foi sexto e Martín del Río décimo.

Por clubs, o Ribeiras do Tambre foi cuarto, por detrás de Boiro, Firrete e Miño.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s