Gabriel Martínez e Ángel Gonzaléz prata no Campionato de España de Pista

O Ribeiras do Tambre logrou o posto 41 no Campionato de España de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete sobre 1000 metros, disputado os días 26 e 27 de xullo en Verducido (Pontevedra).

IMG_1808p

A fin de semana do 26 e 27 de xullo, o Ribeiras do Tambre desplazouse ata Verducido para participar no Campionato de España de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete, sobre a distancia dos 1000 metros. Os resultados máis destacados foron o prata lograda por Ángel González e Gabriel Martínez na categoría Home Infantil B k-2 e o quinto posto de Gabriel Martínez na proba individual masculina do Infantil B.

Na categoría Muller Infantil B k-1, Lorena Viaño tivo que pasar pola serie clasificatoria, meténdose sen problemas nas semifinais. Na súa semifinal rematou 9, clasificándose así para a Final C, onde logrou o séptimo posto.

Na categoría Home Infantil B k-1, participaban Gabriel Martínez e Ángel González que, grazas á súa condición de cabezas de serie, non tiveron que disputar a serie contrarreloxo. Nas súas respectivas finais lograron ser 1º e 6º respectivamente logrando alcanzar a Final A Gabriel e a Final B Ángel. Gabriel, na loita polas medallas, logrou rematar no quinto posto, mentres que Ángel, na súa Final B, remataba no posto 7º.

Pola súa parte, Martín del Río e Carlos Balsa, participaban na proba Home Cadete k-2, quedando fóra das semifinais, ao rematar no posto 28 a serie clasificatoria contrarreloxo.

Os k-2 Rubén Tomé – Álvaro Fernández, Gabriel Martínez – Ángel González e Gonzalo Diz – Juan Alfredo Martínez, tomaban parte da proba do Home Infantil B k-2. Rubén e Álvaro non lograron clasificarse para as finais logo de rematar oitavos na súa semifinal. Gabriel e Ángel e Gonzalo e Juan tomaban parte da mesma semifinal, rematando primeiros e quintos respectivamente, logrando meterse na Final A os primeiros, e na Final B os segundos. Na Final A, chegaba a medalla de prata para Gabriel e Ángel, logo de rematar na segunda posición o percorrido de 1000 metros. Pola súa parte, Gonzalo e Juan remataban na segunda posición na final de consolación.

Tamén participaron Gonzalo Diz, Lorena Viaño, Juan Alfredo Martínez e Xosé Lois como integrantes do k-4 na categoría Home Infantil. Tras clasificarse para as semifinais sen problemas ao rematar no posto 22 da serie contrarreloxo, o k-4 meteuse na Final C, tras rematar oitavos na súa semifinal. Sen apenas tempo para o descanso, tomaron parte da Final C, acadando terceiro posto.

Na clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre logrou o posto 41, dun total de 85 equipos participantes de toda España, situándose no posto 22 do medalleiro final deste Campionato de España de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete.

Con esta proba, remata a XIII Liga de Jóvenes Promesas de Aguas Tranquilas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s