Bronce para o k-2 Mirás-Tomé no Campionato Galego de Pista

O Ribeiras do Tambre acudiu á cita do pasado 9 de agosto en Verducido (Pontevedra) do Campionato Galego de Pista en embarcacións de equipo, logrando unha medalla de bronce.

1782559_1531350233746248_3207810914939604038_o

Medalla de bronce para o k-2 do Ribeiras do Tambre formado por Irene Mirás e Andrea Tomé no pasado Campionato Galego de Pista en embarcacións dobres. Na cita participaron os k-2 de Irene e Andrea nas probas Muller Junior 500 e 200 metros e o de Carlos Balsa e Martín del Río nas distancias de 1000 e 200 metros.

Na distancia masculina dos 1000 metros, Carlos e Martín estiveron a punto de meterse na final, pero finalmente remataron cuartos a súa semifinal, fóra das tres primeiras prazas que daban acceso á final na loita polas medallas.

Sobre a distancia de 500 metros (destinada as categorías femeninas), Irene e Andrea clasificadas directamente para a final, remataron a proba na cuarta posición, a escasos segundos da medalla de bronce.

Xa nas probas vespertinas dos 200 metros, tanto masculinas como femeninas, Carlos e Martín remataron quintos na súa semifinal, quedándose outra vez ás portas da final por moi pouco. Pola súa parte, Irene e Andrea impoñíanse na súa semifinal con autoridade, clasificándose así para a final. Xa na final, lograban a medalla de bronce, a pouco máis de medio segundo da medalla de prata e a un segundo e medio das campionas galegas.

Na claficiación final por clubs, e englobando o Campionato Galego de Pista Individual, o Ribeiras do Tambre rematou no posto 21, dun total de 36 equipos participantes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s