Catro ouros, tres pratas e dous bronces na 2ª Regata Provincial

Ata un total de 9 medallas para o Ribeiras do Tambre na 2ª Regata Provincial de A Coruña, disputada o pasado domingo día 10 en Ás Pontes de García Rodríguez.

IMG-20140810-WA0004

O Ribeiras do Tambre desprazouse ata As Pontes o pasado domingo con un total de 25 padexeiros. O balance final foi de 9 podiums con catro victorias para os de Ames.

En categoría Home Benxamín, participaron Brais Pérez e  Elías Emilio, que cruzaron a liña de meta nos postos 19 e 22 respectivamente. En categoría femenina, chegaba a primeira medalla da man de Clara Zaballa, que logrou rematar na terceira posición, mentres que Carla Cantelar chegaba á meta na oitava posición.

Na categoría masculina Alevín A, Bernabé Pais rematou no undécima posición e Ismael Docampo chegaba á meta no posto 15 desoois de sufrir unha caída pouco antes de ciaboga. Na categoría femenina chegaba o doblete de Sara Tomé e Belén Gosende, logo de chegar á meta en primeira e segunda posición. Ana Zaballa quedouse ás portas do podium tras rematar cuarta, mentres que Shenoa da Silva concluía en novena posición.

Luís Guilbert lograba impoñerse con gran autoridade na categoría Home Alevín B mentres que Ángel Lago remataba no posto 14. Na categoría femenina, Laura Ardións lograba a medalla de prata.

Na proba Home Infantil B k-1, o Ribeiras do Tambre repetía o triplete da primeira regata provincial, desta vez da man de Gabriel Martínez (ouro), Ángel González (prata) e Juan Alfredo Martínez (bronce). Desta vez, Gonzalo Diz foi cuarto, mentres que Rubén Tomé, Álvaro Fernández e David Novo remataban nos postos 12, 17 e 20 respectivamente. Lorena Viaño lograba outro ouro na mesma categoría infantil pero femenina e Andrea Tuñas foi séptima. En Muller Infantil A k-1, a debutante Clara Novo foi novena.

Xa en categoría Home Cadete k-1, os nosos padexeiros Carlos Balsa e Martín del Río foron quinto e décimo respectivaente.

Na clasificación final por equipos, o Ribeiras do Tambre rematou na quinta posición, dun total de 9 clubs participantes de toda a provincia de A Coruña.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s