7 medallas na IV Regata Provincial en Cabana

Catro ouros, dúas pratas e un bronce foi o balance para os rapaces do Ribeiras do Tambre na IV Regata Provincial de A Coruña, disputada o pasado 17 de agosto en Cabanas.

IMG-20140817-WA0010

Un total de 22 padexeiros do Ribeiras do Tambre tomaron parte da cuarta regata da Liga Provincial 2014 o pasado domingo 17 de agosto. En categoría Home Cadete k-1 e sobre unha distancia de 5000 metros, Carlos Balsa e Martín del Río acadaron os postos 7ºe 12º respectivamente.

Xa sobre 3000 metros, na categoría Home Infantil B k-1, ouro e prata para Gabriel Martínez e Ángel González, mentres que Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez foron 5º e 6º e Rubén Tomé finalizou no posto 15. Na mesma categoría femenina, Lorena Viaño logrou gañar con gran autoridade, mentres que Andrea Tuñas foi séptima.

En categoría Home Alevín B , Luís Guilbert repetiría victoria aplastante, ao igual que Laura Ardións en categoría femenina. En Muller Alevín A, Sara Tomé lograba a medalla de bronce mentres que Belén Gosende e Ana Zaballa finalizaban cuarta e quinta respectivamente. Pola súa parte, Shenoa da Silva, Sara Fernández e Alicia Medina remataban o percorrido sendo 11ª, 12ª e 13ª. En categoría masculina Alevín A, Ismael Docampo foi sexto e Berbané Pais undécimo.

En categoría Home Benxamín, o noso representante Brais Pérez foi duodécimo, mentres que Clara Zaballa se facía coa medalla de prata en categoría femenina. Carla Cantelar logrou o séptimo posto.

Na clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre finalizou cuarto, dun total de nove clubs de toda a provincia de A Coruña.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s