Séptima semana sen auga no Barrié de la Maza

Gas Natural Fenosa segue “erre con erre” en manter o caudal por debaixo do 45%, o que nos imposibilita a práctica do piragüismo por séptima semana consecutiva.

scale

O Ribeiras do Tambre acumula sete semanas sen poder remar nas instalacións invernais de Ponte Ínsua (Brión). O motivo non é outro que o escaso caudal que leva o río Tambre no encoro de Barrié de la Maza, dun 35%, sendo a concesionaria a empresa Gas Natural Fenosa (esa que dí levar o apelido galego).

Esta situación, que entendemos que pode ser normal nalgún momento puntual, estase a converter na situación habitual nestes últimos meses. Sen olvidar que a construcción da presa de Liñaio supuso a expropiación de terras a veciños de Brión e Negreira. A ocupación media dos encoros en Galicia a día de hoxe é do 70%, sendo o do río Tambre e segundo con menor ocupación. Das catro concesións coas que conta a empresa Gas Natural Fenosa, a excepción do Barrié de la Maza, o nivel de ocupación mantense por riba do 75%.

Sin título

Para o club, supón ter que deplazarse con todo o material ata a parede do embalse en Liñaio, uns 10 km. por traxecto. Unha gran molestia sobre todo nos adestramentos vespertinos, coas poucas horas de luz que nos deixa o horario invernal. A incomodidade que sofren os rapaces para adestrar continúan ao ter que desplazar todo o material 250 metros dende a furgoneta ata a auga (cun bo desnivel), cambiarse de roupa á intemperie, realizar os exercicios de quecemento e estiramento nun espazo moi limitado.

Todo isto non favorece a Ribeiras do Tambre no que se presenta como unha das mellores campañas da súa historia, coa nosa padexeira internacional Irene Mirás, cos nosos subcampións de España Gabriel Martínez e Ángel González e cos nosos campións galegos Juan Alfredo Martínez e Gonzalo Diz.

Ojalá que esta situación cambie e os rapaces e rapazas do Ribeiras do Tambre poidan disfrutar en plenas condicións do seu deporte.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s