Primeira toma de contacto da temporada en Cabanas

O Ribeiras do tambre acudiu o pasado domingo á regata amigable celebrada en Cabanas como pistoletazo de saída a esta temporada 2015.

10865995_342108109317699_780725795895398550_o

Un total de 20 padexeiros amienses disputaron o pasado domingo a Regata de Inverno amigable, que tivo lugar no Concello de Cabanas. Nun día pouco apetecible en canto ao clima se refire, o Ribeiras do Tambre acudiu á cita con 14 infantiles, 2 cadetes, 2 xuvenís, un senior e un veterano, que lograron en total máis de media ducia de medallas.

A regata, que tiña como obxectivo medir o estado de forma dos padexeiros galegos, disputouse nun clima de total ambiente amigable, onde o club local Cabanas KDM repartiu unha chocolatada a medio mañá entre todos os asistentes e un prato de paella para amenizar a espera durante a entrega de premios.

A próxima cita xa será co inicio do calendario oficial coa participación no Campionato Galego de Inverno sobre 5000 metros, previsto para o 28 de febreiro.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s