Arranca a temporada oficial 2015

O pasado sábado daba comezo de xeito oficial a temporada 2015 coa disputa do Campionato Galego de Inverno Individual sobre 5000 metros.

10996450_665398410253824_386934933810732955_o

O Ribeiras do Tambre desplazouse o pasado sábado ata Verducido (Pontevedra) para participar na primeira proba do calendario oficial 2015. Na cita, estaban presentes os nosos padexeiros cadetes, juniors, seniors e veteráns. A cita, sobre 5000 metros, tivo unha participación altísima con clubs de toda a comunidade galega.

Na categoría Home Cadete K-1, Martín del Río logrou rematar nunha moi boa 17ª posición e Pedro Cantelar logrou ser 62º nunha proba que rozaba o centenar de participantes.

En Muller Juvenil K-1, a nosa padexeira Irene Mirás quedouse ás portas das medallas, rematando no cuarto posto a tan só dous segundo da medalla de bronce. Pola súa parte Andrea Tomé sufriu unha caída nos metros finais da proba e non foi capaz de cruzar a liña de meta. Tamén en categoría juvenil, pero masculina, Carlos Balsa, tras un pequeno problema co novo sistema de saídas de fondo, alcanzou o posto 37º.

Pola súa parte, Felix Varela, no seu regreso á competición de alto nivel, logrou unha moi boa posición na categoría Home Senior C-1, aínda que un problema co número de dorsal privouno de colocarse nas listas de resultado como se merece.

En canto ao nosos veteráns, demostraron que están en plena forma e que parecen estar vivindo unha segunda xuventude. Alberto Viaño, na categoría Home Veterano 35-39 K-1 logrou un magnífico oitavo posto a pouco máis de dous minutos da cabeza. En Home Veterano 40-44 K-1, Alfonso Martínez logrou rematar no posto 18º.

Dende aquí queremos darlle a noraboa a todos e cada un dos nosos padexeiros polo esforzo demostrado nesta regata e darlle folgos de cara ao Campionato de España de Inverno, que se disputará os días 21 e 22 de marzo en Sevilla. O Campionato Galego de Inverno completarase o vindeiro 28 de marzo coa disputa das embarcacións dobres.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s