Sen auga no Barrié de la Maza na semana previa ao Campionato de España.

Gas Natural Fenosa volve a baixar o caudal do encoro Barrié de la Maza por debaixo do 50%, o que imposibilita aos nosos padexeiros facer os seus adestramentos.

scale

Na semana previa ao Campionato de España, que se disputa esta fin de semana en Sevilla, a gran compañía eléctrica “galega” volve a deixar aos deportistas do Ribeiras do Tambre sen adestramentos. Nesta ocasión cabe destacar a brusca baixada do caudal do río Tambre, que en menos de catro días, pasou de estar practicamente cheo a baixar do umbral do 50%.

A ocupación actual do encoro é do 43%, a máis baixa rexistrada de todos os encoros de uso hidroeléctrico. Dos que explota Gas Natural Fenosa en Galicia é o que máis oscilacións de caudal e menor ocupación ten, mantendo o restante por riba do 89%.

Isto é un grave problema para o club, xa que nesta fin de semana dispútase o Campionato de España en Sevilla, a semana próxima o Campionato Galego de K2/C2 e a comezos de abril comezan a competición para os infantiles.

Variacións de auga acumulada no Barrié de la Maza

Porcentaxe de ocupación dos encoros en Galicia a día 16 de marzo de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s