Magníficos resultados dos nosos padexeiros en Sevilla

O Ribeiras do Tambre volta do Campionato de España de Inverno con seus mellores resultados dos últimos anos a nivel colectivo.

DSC_0366

O club desplazouse a pasada fin de semana a Sevilla, para participar na proba máis especial da temporada, o Campionato de España de Inverno, sobre 5000 metros. Por mor dalgunhas baixas de última hora, o club presentouse en terras andaluzas con tres representantes: Irene Mirás, na categoría Muller Xuvenil K-1; Alberto Viaño, na categoría Home Veterano 35-39 K-1; e Alfonso Martínez como Home Veterano 40-44 K-1.

Tras unha longa viaxe, a nosa representación chegaba á capital andaluza na tarde do venres, con tempo suficiente para facer os trámites federativos pertinentes e instalarse na Residencia de La Cartuja. Os nosos, clasificados directamente para a final sobre 5000 metros, competían na xornada de sábado.

Xa no sábado pola mañá era o turno para os nosos veteranos. Alberto sería o primeiro en tomar a saída e case sen tempo para rematar de ver a súa saída chegaría o turno da categoría de Alfonso. Tras o percorrido sobre 5000 metros, que por momentos se facía moi incómodo polas olas das propias embarcacións, Alberto remataba nun magnífico posto 25, a pouco máis de dous minutos da cabeza. Pola súa parte, Alfonso logrou chegar a meta no posto 45, cumprindo así co primeiro obxectivo proposto da temporada.

Xa no xornada vespertina, era o turno da nosa padexeira Irene, que sempre estivo nas primeiras posicións da proba. Finalmente non lle chegaron folgos para loitar polas medallas, pero logrou un magnífico quinto posto. Con isto, remataba a participación do Ribeiras do Tambre neste Campionato de España. Tocaba disfrutar coa xornada grande dominical e viaxe de regreso.

Balance máis que positivo deste Campionato de España, que ademáis serviu para estrenar a nova equipación de competición do club.

DSC_0066 DSC_0091 DSC_0392

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s